jueves, 19 de diciembre de 2013

Primeiras Presentacións: "Ciencia Activa"

Os alumnos de 1º xa remataron as súas presentacións para o concurso "Ciencia Activa" sobre diferentes temas de Bioloxía e Xeoloxía. Podedes ver nestas fotos algúns compañeiros mentras explicaban os seus traballos.

Deséxovos unhas Felices Vacacións a tod@s!


martes, 10 de diciembre de 2013

Os enzimas

Os alumnos de 2º BAC  podedes repasar o tema dos enzimas nesta presentación, calquer dúbida aclarámola na aula.


                            

domingo, 8 de diciembre de 2013

Un novo fósil!

Consiguen extraer ADN dun fémur fosilizado fai aproximadamente 400.000 anos!
Recoméndovos entrar no enlace e  facer clic na imaxe, que corresponde ó blog dos alumnos de 1º BAC onde tratan esta nova.


viernes, 6 de diciembre de 2013

Organiza o teu estudio!

1ª Avaliación
Lembrade que as probas escritas (2º controis) da 1ª Avaliación son:
3º ESO A y B o luns día 9 decembro (Tema 3 e do 4 o aparello dixestivo e respiratorio). Recuperación do primer control temas 1 e 2.
4º ESO A o luns día 9 (Xenética). Recuperación temas 1 e 2.
4º ESO B o venres día 13 (Xenética). Recuperación temas 1 e 2.
1º BAC o luns día 9 ( Composición química da materia e Tecidos Animais e Vexetais)
2º BAC o luns día 9 ( Auga, glúcidos, lípidos, proteinas, ácidos nucleicos, células procariota, eucariota, membrana, citplasma e núcleo)
Xa sabedes que reviso as libretas e os traballos , que xunto a actitude e comportamento son o 30% da cualificación.
O día 10 de xaneiro do 2014 será a recuperación da 1ª avaliación para os alumnos que non aproben.
Ánimo se traballas é moi doado aprobar!

martes, 3 de diciembre de 2013

A Dixestión e a Respiración.


Para repasar os conceptos básicos dos procesos dixestivo e respiratorio, así como as partes dos aparellos, déixovos estas leccións animadas que os axudará especialmente aos alumnos de 3º da ESO que tendes que estudiar a dixestión e a respiración para a próxima proba escrita.

domingo, 1 de diciembre de 2013

Día Mundial da SIDA

Hoxe 1 de decembro celébrase o día Mundial do SIDA, unha enfermidade do sistema inmunitario que é causada por un virus, o VIH. Esta enfermidade é unha pandemia, e de momento non se coñece unha cura, aínda que se sabe que a medida máis efectiva para combatila é a prevención. 
Déixovos un enlace á páxina do Ministerio de Sanidade, onde atoparedes información fiable sobre a SIDA e a súa prevención!                   ( Fai click sobre a imaxe)