martes, 16 de diciembre de 2014

Primeiras presentacións "Ciencia Activa II"

Os alumnos de primeiro BAC comezaron as exposicións dos seus traballos, que explicaron na aula aos compañeiros, déixovos un vídeo ondes vedes algúns momentos das ponencias. Os alumnos de bioloxía e xeoloxía de 3º e 4º da ESO ainda tedes prazo ata o 12 de xaneiro.
Deséxovos a todos Bo Nadal e un Feliz Ani Novo!!!!!!!!!

viernes, 28 de noviembre de 2014

Ébola

Os alumnos de 3º ESO B, documentáronse sobre o virus Ébola, e realizaron na aula diferentes murais sobre: que é? cómo actúa? a expansión da enfermidade, a historia deste virus, a prevención...Podedes ver o seu traballo neste vídeo:


Ademáis como o virus do Ébola é un tema de actualidade do que seguro oístedes falar todos, déixovos un resumo das principais características da súa infección nas persoas, a través da seguinte infografía:


lunes, 17 de noviembre de 2014

Charla: Os nosos amigos, os lobos.

Os alumnos de 3º da ESO visitamos a Aula da Natureza do río Miño, para asistir a unha charla sobre o papel do lobo nos bosques, e a distribución actual do animal na Península Ibérica e en Galicia.
O axente forestal Marco Coimbra, explicou dun xeito ameno a localización do lobo en Galicia, as manadas existentes na provincia de Ourense, a descripción do animal, hábitos alimenticios, estudo das feces, escoita de aullidos...E como conclusión que desterremos a imaxe negativa que temos deste animal, que hai que buscar o equilibrio entre gandeiros, cazadores e o lobo, un animal nobre membro importante da nosa fauna ibérica.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

A sonda Philae aterriza nun cometa en directo!


O aterrizador Philae desplazouse hoxe hacia a superficie do cometa 67P/CG no que se converte nun hito sen precedentes da exploración espacial, prodúcese as 17:04 horas cando chegou a confirmación de Philae ao Centro de Operacións Espaciais da ESA en Darmstadt ( Alemania). Culmina así unha das partes máis importantes da misión, que comezou fai dez anos, na que a nave Rosetta (encargada de transportar a Philae ás proximidades do cometa), recorreu 500 millóns de kilómetros.

Philae enviou a primeira fotografía do cometa:


martes, 11 de noviembre de 2014

Que é o FOMO?


Coñécese por as siglas FOMO (Fear Of Missing Out) á obsesión por estar conectado as redes sociais e o medo a deixar de estalo e perderse algo. Hoxe en día pode ser un risco especialmente nos rapaces, que poden chegar a facer un uso inadecuado das tecnoloxías e padecer este problema. Podemos ver este interesante vídeo sobre o FOMO emitido no telediario da tve 1
No seguinte audio Noelia, Marcos e Raquel explícannos de xeito breve e claro este tema:






domingo, 9 de noviembre de 2014

Auga e Cidades intelixentes!

As cidades modernas básanse en infraestructuras eficientes e durables de auga, electricidade, telecomunicaciones, gas, transporte, servicios públicos, edificios intelixentes...
A importancia de xestionar os recursos naturais dun xeito máis eficiente nas cidades é unha cuestión defendida por a maioría dos expertos.
A auga é un ben limitado e escaso en moitas cidades, esto obriga a solucións alternativas de reutilización e conservación. É moi importante xestionar os recursos hídricos de xeito intelixente, cun consumo racionalizado en regadío, fontes, doméstico, industrial...

Déixovos algún enlace de interese que vos pode axudar antes de facer o relato curto para o concurso de auga intelixente que vades a facer nas materias de lengua e lingua, e no que os profes de naturais debemos axudar para que entendades mellor os contidos que podedes tratar:
QUE É UNHA CIDADE INTELIXENTE
CIDADES INTELIXENTES
EFICIENCIA URBANA
AUGA, CLAVE NA CIDADE INTELIXENTE

jueves, 16 de octubre de 2014

Día Mundial da Alimentación 2014: ALIMENTAR O MUNDO, COIDAR O PLANETA!

A finalidade desta conmemoración é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.
Os agricultores familiares xestionan as súas terras con altos niveis de productividade a pesar de ter poucas axudas económicas. É complicado a explotación agrícola familiar porque depende das condicións climatolóxicas, da fertilidade do solo e das subvencións que precisan moitos dos pequenos agricultores.
 Por iso é unha moi boa iniciativa resaltar neste día a relevancia destas actividades familiares en todo o mundo, resaltar a súa importancia e fomentar as axudas que precisen! 

Para obter máis información sobre o Día Mundial da Alimentación podedes consultar o seguinte post do Proxecto Ciencia Activa e o audio feito tamén sobre o tema por os alumnos de BAC.                  
                                  

domingo, 5 de octubre de 2014

Concurso presentacións: Ciencia Activa II

Concurso Ciencia Activa II, consiste na elaboración dunha presentación en power point ou google drive, sobre un tema relacionado ca materia de bioloxía e xeoloxía.


Wordle: Ciencia Activa II

Bases e pautas:
  • Primeiro a elección do tema e notificación á profesora para evitar coincidencias.
  • As presentacións debe conter índice, conclusións e relación de recursos ou enlaces empregados.
  • Os alumnos de 3º e 4º da ESO poden facelas en parellas. Os alumnos de 1º BAC individual.
  • Prazo máximo de entrega para os alumnos de 1ºBAC o día 1 de decembro.(Cada alumno de 1º fará unha exposición da presentación na aula empregando a PDI)
  • Prazo máximo de entrega para os alumnos de 3º e 4º da ESO o día 12 de xaneiro.
  • Os traballos envíanse antes desas datas ao correo: beatriz@feijoozorelle.com
  • As presentacións seleccionadas exporánse a un sistema de votación a través da web do Centro para que todos podades elexir os gañadores.
  • A entrega de premios será na clausura do II Festival do libro do Colexio.
  • Lembrade que os traballos prácticos valóranse nun 30% na cualificación trimestral da materia. 
Déixovos algún consello para ter en conta no momento de facer as presentacións, que repetiremos na aula. Respetade os dereitos de autor en imaxes e audio!


lunes, 22 de septiembre de 2014

Infografías sobre a vida e obra do Padre Feijoo

Con motivo da conmemoración do 250 aniversario do Padre Feijoo, os alumnos de 4º ESO e de 1º BAC elaboraron infografías de distinto tipo como medio de transmitir información gráficamente, co fin de coñecer máis sobre a figura deste ourensán ilustre.
Deixovos algunhas delas, valorando o esforzo de realizar esta tarefa por primeira vez:


















Outros traballos publicareinos cando modifiquedes o formato a imaxe JPG


lunes, 15 de septiembre de 2014

Inicio curso 2014-2015

Hoxe día 15 de setembro retomamos a actividade académica. Comezamos un novo curso coa ilusión de rematalo co éxito.
Benvid@s tod@s!






Xa imos comezar planificando unha actividade nestes primeiros dez días. Como sabedes o día 26 de setembro fai 250 anos da morte de Benito Jerónimo Feijoo ( Padre Feijoo ), co fin de rendirlle homenaxe a este ilustre ourensán, que ademáis da nome o colexio, dende a materia de bioloxía destacaremos o seu achego as ciencias fuxindo da superstición!

Actividades propostas para 3º ESO------- Elaboración de manuscritos no laboratorio e aula,e exposición no hall do centro.
Actividades propostas para 4º ESO e 1º BAC------Eaboración de infografías sobre a obra ou vida do autor galego, para publicar na web do colexio.

Ademáis lembrade que O Día do Científico Galego 2013 foi adicado ao Padre Feijoo, e no colexio tivemos unha conferencia - taller con divertidos experimentos para conmemoralo, este pequeno vídeo mostra algúns deles.





viernes, 20 de junio de 2014

Felices vacacións!

Deséxovos unhas felices vacacións a tod@s e parabéns aos que xa aprobastes todo!
Os que teñades que recuperar bioloxía e xeoloxía, vémonos no mes de agosto no cursillo de verán ou no mes de setembro nos exames da convocatoria extraordinaria. Aínda podedes aprobar, ánimo!
Despídome dun xeito especial como titora dos alumnos de 4ºA con esta foto, bó verán e ata o bacharelato.
 Noraboa aos novos graduad@s!


miércoles, 4 de junio de 2014

5 de xuño - Día Mundial do Medio Ambiente

Autor foto: Gemma Bou


O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente, este ano 2014 xirará entorno os pequenos Estados Insulares en desenvolvemento, relacionando este tema co cambio climático. O eslogan elexido para reflexar este tema é " Alza tu voz, no el nivel del mar"
Neste vídeo temos algúns pequenos xestos cos que podemos contribuir de xeito responsable o coidado do Medio Ambiente!

lunes, 12 de mayo de 2014

Os raios X e a determinación de estructuras moleculares

Dorothy Crowfoot Hodgkin foi galardonada no ano 1964 co Nobel de Química, adicouse a determinar estructuras moleculares no campo da Bioquímica, empregando os raios X, conseguíu determinar a estructura tridimensional de moléculas como o colesterol, a insulina, penincilina, ou vitamina B12.
Naceu o 12 de maio de 1910 e hoxe 104 anos despois do seu nacemento, google adícalle un homenaxe cunha estructura molecular, e un enlace para coñecer máis a figura desta profesora universitaria británica, que coma outras mulleres do seu tempo tivo que superar moitos obstáculos para desenvolver a súas capacidades e levar a cabo importantes investigacións..

miércoles, 7 de mayo de 2014

"Proxecto Ciencia Activa" finalistas!

Parabéns os alumnos de 1º BAC por a clasificación de finalistas no concurso Espiral Edublogs na súa VIII edición. Este curso fixeron e están facendo un traballo estupendo, douvos as grazas por a vosa dedicación e interese por aprender e investigar, eu tamén estou aprendendo moito co este proxecto.
Noraboa chic@s de 1º BAC, e moita sorte!


lunes, 28 de abril de 2014

Premiados Concurso de presentacións: Ciencia Activa I

Hoxe na clausura do Festival do Libro tivo lugar a entrega de premios de varios concursos, entre eles estaban os finalistas e o gañador do Concurso de presentacións e audiovisuais: Ciencia Activa I, deixovos algunha foto dos premiados. 
Que mellor regalo cun libro a cada premiado!


Moitas grazas ao director por facer entrega do diploma e libro ó gañador Álvaro Atanes.
 De novo parabéns a todos!


lunes, 21 de abril de 2014

Día Internacional da Terra - 22 de abril


O 22 de abril adícase a celebrar o Día Internacional da Terra, co fin de reafirmar a responsabilidade colectiva e promover á armonía coa Natureza, nun intre no que o noso planeta está ameazado por graves problemas creados polo home.

Celebremos este Día Internacional renovando a promesa de respetar a Nai Terra, demostrando cos nosos feitos o coidado e o respeto sobre o planeta.


jueves, 10 de abril de 2014

As correntes mariñas da Ría de Vigo en directo!

Hoxe en día xa podemos obter información das correntes superficiais da Ría de Vigo no mesmo intre, grazas a web Campus do Mar, que obtén os datos de dúas antenas instaladas en Encimat (Toralla) e en Punta Subrido (Cabo do Home). Estes radares teñen unha gran resolución!
Os datos son de moito interés dende o punto de vista científico (traxectoria de contaminantes e vertidos mariños, dispersión de plancton, xeoloxía mariña, etc.) e tamén turístico e recreativo (información para regatistas, nadadores de travesía, acceso de buques a puertos, etc.)

jueves, 3 de abril de 2014

Seísmo no Norte de Chile!

Un seísmo de magnitude 8.2 na escala Ritcher sacude a costa de Chile na noite do martes 1 de abril, causando a lo menos cinco mortos e miles de afectados. Á alerta de tsunami obrigou a desaloxar a costa, as olas acadaron ata varios metros pero non causaron danos. Os movementos sísmicos tamén se sentiron en Ecuador e Perú.
A Tectónica de Placas principal causantes dos seísmos, lembrade no mapa a situación de Chile, no límite de subducción da Placa Nazca e a Placa Sudamericana.
 Os xeólogos predicen un novo seísmo na zona aínda maior!

viernes, 28 de marzo de 2014

Un cromosoma de laboratorio!

Hoxe é noticia o diseño dun cromosoma de xeito artificial, trátase do cromosoma da levadura da cervexa, é funciona coma un natural. As levaduras pertencen o reino dos fungos, e son seres vivos porque son células eucariotas. Como sabemos a maioría dos antibióticos obtense a partir dun fungo, lembrade que o Penicillium é o pai da Penincilina.
Este feito de diseñar un cromosoma no laboratorio pode repercutir na fabricación de novos fármacos, en beneficio de todos!

sábado, 22 de marzo de 2014

22 de Marzo Día Mundial da Auga


Para celebrar o día da auga durante esta semana fixemos varias actividades a derradeira foi a experiencia de que algúns dos traballos realizados na materia de bioloxía e xeoloxía foran explicados a rapaces de cursos inferiores.
 Aqueles de temática de auga coma o termalismo, dúas presentacións, dous vídeos e unha entrada no blog Proxecto Activa. Tendes acceso aos traballos no blog dos alumnos, e a presentación de Víctor e Iván neste nunha entrada anterior dos finalistas do concurso Ciencia Activa. 
Parabéns a Pablo, Anxo, Jorge, Miguel, Yolanda e Víctor porque superaro os nervios e explicaron os traballos moi ben. Gracias a tod@s!!




martes, 4 de marzo de 2014

5 de Marzo - Día Mundial da Eficiencia Enerxética

A Eficiencia Enerxetica consiste na reducción do consumo de enerxía, mantendo os mesmos servizos enerxéticos, sen disminuir a calidade de vida e asegurando o abastecemento, protexendo o medio ambiente e fomentando a sostenibilidade...
Algunhas novas relacionadas:
Plataforma tecnolóxica da Eficiencia Enerxética
A Eficiencia Enerxética e o desenvolvemento económico
Eficiencia Enerxética e aforro no fogar
( FAI CLICK NA IMAXE)

lunes, 24 de febrero de 2014

Charlas-Taller: Xestión de residuos e Eficiencia Enerxética

Os alumnos de segundo ciclo da ESO asistiron a unhas charla-taller organizadas polo Concello de Ourense sobre: Os residuos e a súa xestión e A eficiencia enerxética. O obxetivo principal é  a conciencia individual e a educación ambiental para conseguir o desenvolvemento sostible, continuar cos avances da sociedade pero coidando dos recursos do planeta. Aproveitando a proximidade do 5 de marzo, Día Mundial  da Eficiencia Enerxética, debemos ser mais conscientes da importancia de reducir, reutilizar, aforrar enerxía, auga...no noso entorno, e por en práctica algún dos consellos aprendidos!
 

martes, 18 de febrero de 2014

Clasificación: CIENCIA ACTIVA I

A clasificación final do concurso de presentacións power point do Proxecto "Ciencia Activa" é a seguinte:
Álvaro Atanes---------O Tabaquismo (49´18% dos votos)
Cristina Fernández-----Anorexia e Bulimia (27´87% dos votos)
Yolanda Díaz----------Os homes explotan a Terra (14´75% dos votos)
Iván Vaz e Victor------O Termalismo (4,92% dos votos)
Francisco Álvarez------As plantas mediciñais (3,28% dos votos)
Parabéns a todos os finalistas e ao gañador!

jueves, 6 de febrero de 2014

Final do Concurso de presentacións " CIENCIA ACTIVA "

Estas son as presentacións finalistas do concurso Ciencia Activa 2013- 2014 . Precisamos da vosa opinión para seleccionar a gañadora. Só tendes que votar a que máis vos guste seleccionando o nome que a identifica. A votación remata o xoves 13 de febreiro.
 Moitas grazas pola vosa participación e colaboración!

 O Termalismo 

As termas 3ºa from cienciaactivazorelle


Anorexia e Bulimia

Anorexia e bulimia 1ºbac from cienciaactivazorelle

 Os homes explotan a Terra


O Tabaquismo
Tabaquismo1ºbac from cienciaactivazorelle

 As plantas mediciñais

Participantes no Concurso de Presentacións

Felicidades a todos os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC polos vosos traballos, deixovos unha relación de todos os entregados dentro dos plazos establecidos. Xa sabedes que puntúan positivamente nas materias de Bioloxía e Xeoloxía ou Ciencias do Mundo Contemporáneo segundo o curso.
Os cinco finalistas someteránse a unha votación pública na que todos podedes participar.
Parabéns a todos!

miércoles, 29 de enero de 2014

2014 - Ano Internacional da Cristalografía



A Unesco declarou ao 2014 Ano Internacional da Cristalografía, ciencia que estuda dende fai un século a orde interna das estructuras moleculares e a disposicións dos átomos nos sólidos cristalinos.





A cristalografía considerase hoxe como o sustento de todas as ciencias!
 Son esenciais a súas aportacións en campos coma a minería, a nanotecnoloxía, a informática, a mediciña... Para saber porqué, fai click na imaxe:




domingo, 12 de enero de 2014

Mitose e Meiose

Para comprender mellor as divisións celulares da mitose e meiose, traballaremos estas presentacións que contén micrografías, que vos pode axudar a identificar as diferentes fases. En especial os alumnos de 2º BAC, para practicar posibles casos dos exames das PAU.
Tamén podedes ver os vídeos recomendados no canal deste blog, na lista de reproducción ADN-ARN hai dous sobre mitose e meiose.