domingo, 22 de marzo de 2015

Día Mundial da Auga 2015

Este ano o Día Mundial da auga conmemórase baixo o lema: Auga e desenvolvemento sostible, co fin de concienciarnos a todos da importancia de coidar este recurso natural tan preciado e necesario para a vida!
Déixovos o vídeo oficial adicado a este día:

sábado, 21 de marzo de 2015

VIDEOCONFERENCIA: O monte é a nosa vida!

Con intención de conmemorar o 21 de marzo, Día Mundial forestal ou Día da árbore, os alumnos de 1º e 4º de secundaria tiveron a oportunidade de asistir nas aulas do colexio a unha videoconferencia emitida en directo dende o Cesga ou Centro de supercomputación de Galicia (Santiago de Compostela), sobre a importancia dos bosques e os montes na nosa vida. Nesta charla e posterior debate tratáronse temas como:
Por que son importantes os bosques?
CO2 e o cambio climático.
Os problemas da deforestación e dos incendios.
Celebración do Día da árbore.
A situación forestal de Galicia, especies máis comúns…

A charla foi impartida por dous técnicos de Confemadera Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A videoconferencia dividiuse en dúas partes,  primeiro unha media hora de ponencia e outra media hora para resolución de dúbidas que se formulaban dende os distintos centros escolares. Os alumnos do colexio tamén  participaron neste debate on-line, formulando cuestións nesta actividade,  interesante e innovadora!


Dende Confemadera Galicia, dentro do programa "o monte é a nosa vida" comparten a grabación da videoconferencia para que poda ser vista por todos os alumnos, grazas!

viernes, 20 de marzo de 2015

21 de marzo: Primaveira, Árbores e Poesía!

AUTOR
Por fin chega a primaveira! 
Nas latitudes templadas existe unha clara estacionalidade, que comeza o día 21 de marzo dando paso a unha estación de temperaturas mornas, que provoca a xerminación das sementes, a polinización...causando nalgúns casos molestas alerxias.
Os campos e montes cheos de cor! Fermosa explosión de beleza, quizá por iso este día de inicio primaveral coincide co día da poesía!

jueves, 19 de marzo de 2015

Eclipse solar o 20 de marzo de 2015!

Os eclipses solares prodúcense cando desde a perspectiva da Terra a Lúa pasa por diante do Sol e o oculta. Dependendo do lugar do planeta no que se atope o observador, o fenómeno pode ser total, anular e parcial.
O eclipse solar terá unha magnitude de 0,8 na costa noroeste, e dicir, que dende Galicia, os observadores que miren o ceo verán desaparecer o 80% do diámetro solar trala sombra da Lúa, entre as nove e as 11 horas aproximadamente chegando ó seu máximo as 10 da mañá!
O eclipse porá a proba o sistema eléctrico europeo ó reducir considerablemente a producción fotovoltaica.
Os alumnos do Proxecto Ciencia Activa aclaran todos os aspectos do singular fenómeno no seguinte podcast,
que non podemos perder cas debidas precaucións!

Tamén podedes ter mañá información oficial do eclipse nas seguintes direccións:
Observatorio Astronómico Nacional
Real Instituto e Observatorio da Armada

sábado, 7 de marzo de 2015

As mulleres na ciencia!

O día 8 de marzo o Día Internacional da muller conmemórase a loita da muller pola súa participación na sociedade e por conseguir o seu desenvolvemento íntegro como persoa! O longo da historia a mulleres tiveron que superar moitos obstáculos para acadar dereitos coma os homes, e aínda  hoxe en día, en moitos países distan moito de estar equiparadas a eles.
No eido da ciencia as mulleres non o tiveron doado! Afortunadamente hai moitas mulleres científicas relevantes e tamén científicas españolas. Grazas a súa constancia e valía, hoxe as mulleres en España poden seguir estudando e destacando en moitos eidos! 
 Noelia Varela e Raquel Montes alumnas contribuíntes do Proxecto Ciencia Activa, lembran no seguinte podcast algunhas das moitas aportacións da muller á investigación: 

lunes, 2 de marzo de 2015

3 de marzo " Día Mundial da Natureza"

Dende 2013 a ONU adica o día 3 de marzo a resaltar a importancia da Natureza e a súa protección!
A mensaxe deste ano do Secretario das Nacións Unidas, Ban Ki-moon resalta a importancia da protección da biodiversidade biolóxica para o noso propio beneficio.