Nesta lista de slideshare podemos ver as presentacións realizadas para os concursos de Ciencia Activa nestes últimos cursos.
Lembrade, unha presentación precisa de:
Título, índice, claridade de ideas, pouco texto, imaxes axeitadas e libres de dereitos, un formato claro, conclusións ou resumo, mención a bibliografía empregada.
IV Concurso de presentacións Ciencia Activa, remata o prazo o 31 de marzo. As últimas dezasete son as presentadas neste curso ainda tedes tempo de facelo, e ademáis sabedes que é unha actividade que puntúa para a cualificación na materia de bioloxía e xeoloxía en 3º e 4º de ESO e 1º BAC. Entrega de premios na Clausura do IV Festival do Libro.
Facendo presentacións e como se aprende, o importante é ir mellorando e explicalas na aula a todos os demáis.
Parabéns e a seguir traballando!
lunes, 20 de febrero de 2017
domingo, 19 de febrero de 2017
4º Concurso "Apúntate unha idea" DESMONTA O ALCOL!
A Consellería de Sanidade presenta a cuarta edición do Concurso “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea”, destinado a alumnos da ESO do Concello de Ourense. Nesta edición o tema é Podes ser ti mesmo (sen o alcol), para que axude a inspiración e gravación dun clipmetraxe, unha nova modalidade do concurso.
Bases- Os participantes serán estudantes da ESO do Concello de Ourense
- Pódese concursar individualemnte ou en grupo cun máximo de dúas persoas
- Podese participar nunha ou en varias categorías, cun único desenvolvemento creativo
- O tema das propostas deberá estar relacionado con: “O poder de ser ti mesmo (sen alcohol)”
- O xurado será nomeado pola Concellería de Sanidade e a súa decisión será inapelable.
- O Concello resérvase o dereito sobre os traballos presentados, que non se devolverán
Categorías
Haberá catro categorías:
- Un eslogan en galego ou castelán con cinco palabras como máximo para resumir a idea
- Unha acción en galego ou castelán para difundir a idea.
- Un debuxo que exprese a idea.
- Un microrrelato en galego ou castelán cunha extensión máxima de 150 palabras.
- Unha curtametraxe de non máis de UN minuto para gravar a idea. ÁNIMO E A PARTICIPAR!
viernes, 10 de febrero de 2017
Teatro e Ciencia para o próximo Festival do Libro!
1º Informarse, leer, analizar, sintetizar para poder discurrir e redactar os fragmentos da vida dos célebres científicos a destacar:
Primeiros ensaios!
Moi ben rapaces!
jueves, 9 de febrero de 2017
11 de Febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas decideproclamar o 11 de febreiro coma o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. Educar en la igual de oportunidades, animar e despertar o interese pola ciencia, a tecnoloxía, e a matemática nas nenas do mesmo xeito que nos nenos. Non te perdas este breve vídeo: as mulleres aportan creatividade na Nasa!
Os alumnos de 4º da ESO, para celebrar este día, investigaron as aportacións dalgunhas das grandes científicas que lle chamaron a atención e elaboraron post a modo de ficha de datos de cada unha: biografía, aportacións científicas e recoñecementos.
Tamén elexiron un modelo actual de científica, unha exalumna do colexio. Non deixes de consultalas entradas no seu blog ou neste enlace: MULLERES E CIENCIA en Ciencia Activa, ESO é!
Ti tamén podes ser científica!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)