martes, 23 de octubre de 2018

Novo proxecto na aula de 4º da ESO A: Ecoaula!

            Que é Ecoaula?
O alumnado de 4º da ESO A e a súa titora comprométense no coidado do medioambiente, cun xesto tan sinxelo coma a recollida selectiva de papeis e cartóns.

Na sesión de titoría do día 22 de outubro forraron unha caixa con papel de charol e fixeron unhas letras de goma eva, para nela tirar os papeis.
Moi importante:
                     Papeis sen engurrar!



O coidado do medioambiente é necesario, os bosques, as árbores e plantas... son os pulmóns do noso planeta.
Como podemos aportar un pequeno gran de area dende a aula? Pois é doado, os papeis que xa empregamos e non necesitamos os recollemos porque pódense reciclar!

KHADY pega o papel na caixa!

SANDRA recorta as letras

CLARA E ADRI cortan e encolan letras

SHAKIRA recorta!

VALERIA e KHADY rematan a nova papeleira!


NON TE PERDAS ALGÚNS CONSELLOS PARA COIDAR O MEDIOAMBIENTE, A A IMPORTANCIA DE APROVEITAR OS PAPEIS E CARTÓNS:


jueves, 18 de octubre de 2018

Actividades prácticas, por cal empezas?

A que estás esperando? Elixe e actívate!
 
Criterios de cualificación para as actividades prácticas dende a materia de bioloxía e xeoloxía. Para puntuar ata un máximo de tres puntos e poder sumalos á proba escrita.. Podes elexir as actividades que farás, para poder sumalas ás puntuacións de cada control escrito:
  • Animacións "Un minuto de Ciencia"-----------------máx.2 puntos
  • Vídeos------------------------------------------------ máx. 2 puntos
  • Presentacións Google drive ou power point---------máx.2 puntos
  • Infografías------------------------------------------- máx. 2 puntos
  • Murales interactivos--------------------------------- máx.  2 puntos
  • Art Ciencia Activa------------------------------------ máx. 2 puntos
  • Entrada no blog-------------------------------------  máx. 1 punto
  • Podcast----------------------------------------------- máx. 1 punto
  • Actitude e caderno----------------------------------- máx. 1 punto
Lembrade facer calquer dúbida que poda xurdir!!


sábado, 6 de octubre de 2018

Novo proxecto no curso 2018- 2019 en Ciencia Activa!

Autor do logo: Carlos 1º BAC
Un minuto de Ciencia!
Unha nova tarefa neste curso que comeza! Tes un minuto? Espera un minuto! Un minuto... son algunhas expresións que empregamos a diario todos nós, poi agora "nun minuto" saberedes en que consiste a nova tarefa do proxecto Ciencia Activa.
O alumnado de BAC e ESO poderán participar nesta actividade na que en parellas elaborarán unha animación adicada a unha científica ou a un científico a as súas achegas de ciencia, para eso empregaranse aplicacións coma Powtoon u outras.
 Unhas animacións creadas por eles mesmos, cas ideas que queren destacar, incluíndo as súas voces na explicación e dun xeito breve, dinámico e intelixente conseguir un canal de animación científica escolar. Terán que sintetizar a esencia do científic@ nun minuto, si, un minuto de ciencia!

Cómo organizar esta tarefa, pautas a seguir:

  1. Constituir o equipo de traballo (parellas de alumnos).
  2. A continuación elexir persoaxe científico.
  3. Documentarse sobre a vida e achegas do científico elexido.
  4. E o máis importante e complicado: Elexir en equipo a información que queremos contar nun só minuto!Moi importante desenvolver o pensamento crítico e a capacidade de síntese para seleccionar a información relevante que queremos mostrar nun minuto de ciencia! 
  5. Seleccionar a App que vamos a empregar e... a xogar creando! Pondo texto, debuxos e audios elexidos polos autores.
  6. Lembrar que as animacións servirán para que outros escolares aprendan nun minuto do voso traballo!

Os primeiros equipos xa están feitos e co científico/a elexido:

  • Ángel e A. Gallego adicarán a animación a Alexander Fleming.
  • Andrea e Nerea diseñarán unha animación sobre Marie Curie.
  • Raúl e Carlos o farán de Einstein.
  • Valentina e Gema estudiarán a Valentina Tereshkova.
  • Axel e Andrés farán a animación sobre Stephen Hawking.

Desexando ver os vosos traballos a partir do 15 de outubro comezaremos a publicalos.
Parabéns a tod@s de antemano porque seguro o faredes moi ben!

miércoles, 3 de octubre de 2018

Os blogs do alumnado de Ciencia Activa xa en marcha!

No novo curso 2018- 2019 retomamos a actividade nos blogs do Proxecto Ciencia Activa e Ciencia Activa, ESO é! do colexio Plurilingüe Padre Feijoo- Zorelle. O alumnado de 1º BAC comeza xestionando o blog de bacharelato, e o fan coa experiencia adquirida por moitos deles no curso anterior. No caso dos alumnos e alumnas de 4º da ESO A é unha experiencia nova que inician con moita ilusión. Podedes ver os seus primeiros post:
Novos contribuíntes de Khady de 4º A e "A inmunoterapia contra o cancro" de Adriana de 4º A.

4º ESO A xestores do Blog da ESO
No blog de alumnos de BAC xa podedes ver os post deste inicio de curso adicados a comentar os Premios Nobel de Física e Química:
"Domadores da evolución" de Gigi de 1º BAC
"Os magos do láser" Nobel de física de Adriana Artos 2º BAC

1º BAC do Proxecto Ciencia Activa
Parabéns e moita sorte a tod@s neste novo curso!