lunes, 26 de noviembre de 2018

Coñecendo a diversidade galega!

Hoxe o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 1BAC e 4ESO asistiron a unha charla sobre a diversidade biolóxica e xeolóxica, da mán do biólogo Justo Veloso.



Na charla resaltou a importancia dos numerosos Parques Naturais galegos, moitos deles na nosa provincia, peculiaridades xeolóxicas e biolóxicas da paisaxe galega. Paisaxes fluviais, glaciares, endemismos, soutos, impactos humanos, castiñeiros milenarios... foron algúns dos temas tratados.
No remate Justo Veloso, resalta unha idea primordial a concienciación que temos que ter todos para coidar do noso entorno, así coma valorar e protexer as especies autóctonas galegas.





viernes, 16 de noviembre de 2018

Coñecendo a Alfred Wegener nun minuto de ciencia!

Continuamos ca nova tarefa de Ciencia Activa deste curso: Un minuto de ciencia!
A continuación vemos un resumo das ideas básicas da Deriva Continental de Alfred Wegener, precursora da Tectónica de Placas. 
Esta interesante animación foi realizada por Valeria Zapata de 4º da ESO. 

Non deixes de vela é fantástica:



lunes, 5 de noviembre de 2018


A exposición da Obra Social ”a Caixa”: 
O Ártico rompe,  ten por obxecto mostrar a singularidade dos ecosistemas do Polo norte, detallando o importante papel que xogan no clima global, así como as súas características físicas e a súa biodiversidade. E todo iso, a través dun centenar de impactantes fotografías dun dos máis prestixiosos fotógrafos de natureza, Andoni Canela. As instantáneas deste vasto, inhóspito e impresionante territorio, realizadas expresamente para a mostra, permiten aos visitantes percorrer os 200 metros cadrados que ocupa a exposición.

O alumnado de 4º da ESO disfrutou este luns día 5 de novembro dunha visita guiada polo Ártico! Aprendendo curiosidades e características destes ecosistemas do polo Norte e dos seus habitantes.




A exposición preséntase dividida en catro ámbitos: 


  • O clima ártico
  • A vida nunha situación extrema
  • A pegada humana
  • As luces do norte.

    No seu interior será posible descubrir, por exemplo, por que non se conxelan as patas dos animais, ou se o oso polar é en realidade branco, ademais de escoitar un conto inuit- yupik, música sami e unha infinidade de cousas máis que achegarán aos visitantes ao Ártico.
Moi interesante a visita a exposición sobre o Ártico, foi unha clase de bioloxía e xeoloxía diferente!