domingo, 2 de febrero de 2020

Novo coronavirus 2019-nCoV

O 31 de decembro de 2019 comunicáronse á OMS varios casos de pneumonía en Wuhan, unha cidade situada na provincia chinesa de Hubei. Tratábase dun virus distinto aos coñecidos, o cal resulta preocupante porque non sabemos de que maneira os novos virus poden afectar as persoas.

 Unha semana máis tarde, o 7 de xaneiro, as autoridades chinesas confirmaron que identificaran un novo coronavirus, unha familia de virus que causan o arrefriado común e enfermidades como o MERS e o SARS.

 Este novo virus denominouse, provisionalmente, 2019- nCoV. Desde o momento en que foi informada do brote, a OMS estivo traballando coas autoridades chinesas e con expertos de todo o mundo para obter máis información sobre o virus, os seus efectos sobre as persoas infectadas, o seu tratamento e as medidas que poden adoptar os países para facerlle fronte.

 Tendo en conta de que os coronavirus adoitan causar síntomas respiratorios, a OMS emitiu recomendacións de protección persoal contra a infección, así como para evitar o contaxio doutras persoas.

Esas infeccións adoitan cursar con febre e síntomas respiratorios (tose e disnea ou dificultade para respirar). Nos casos máis graves, poden causar pneumonía, síndrome respiratoria agudo severo, insuficiencia renal e, mesmo, a morte.

As recomendacións habituais para non propagar a infección son:

  •  A boa hixiene de mans  
  • Cubrirse a boca e o nariz ao toser e esbirrar
  • A cocción completa da carne e os ovos
  • Débese evitar o contacto estreito con calquera persoa que presente signos de afección respiratoria, como tose ou esbirros

sábado, 1 de febrero de 2020

A mitose

A mitose é a división celular na que a partir dunha célula nai, obtemos dúas células fillas idénticas entre sí e iguais a célula nai da que proveñen.
Neste vídeo creado por Clara Taboada podedes atender a explicación do proceso mitótico:


 Este concepto de división, cando o que realmente sucede e multiplicación dunha célula por dúas, resulta difícil de entender, pero grazas a canción e baile da mitose o alumnado de 1º e 2º de BAC este curso o fai de xeito máis doado. Aquí tedes o vídeo do curso pasado ca canción e representación da mitose: