miércoles, 29 de abril de 2020

Análise das ABAU e Inicio repaso 1ªAvl. 2º BAC SESIÓN 22

SEXTA SEMANA
Sesión 22
Na sesion online do xoves 30 de abril ás 13 horas trataremos:

  • Cambio no exame das ABAU
  • Revisión probas online da semana
  • Inicio do repaso da 1ª avaliación


Repaso do esqueleto 3ºESO SESIÓN 11

SEXTA SEMANA
Sesión 11
Nesta sesión imos repasar os principais ósos do corpo, que poidemos explicar en clases presenciais antes do confinamento.

  • Entra no enlace da actividade e verás 29 ósos , escribe na libreta os números e o nome ao lado do óso correspondente .Repaso do esqueleto ca seguinte actividade: ACTIVIDADE

Solucións

Os ácidos nucleicos 4º ESO SESIÓN 16

SEXTA SEMANA
Sesión 16

Hoxe 29 de abril teremos unha clase online con zoom as 11 horas, recibiredes un correo uns minutos antes.

  • Contidos da clase: Inicio do estudio da estrutura e composición dos ácidos nucleicos.
  • VÍDEO DA CLASE:



martes, 28 de abril de 2020

A modelaxe fluvial CCMA 2º BAC SESIÓN 13

SEXTA SEMANA
Sesión 13
Nesta sesión repasamos a modelaxe fluvial primeiro co visionado deste vídeo e a continuación contestando estas cuestións:

  • Define caudal, cauce, perfil lonxitudinal, meandro.
  • Cales son as formas de sedimentación da modelaxe fluvial?
  • Como se realiza o transporte dos materiais?
  • Que é unha rede hidrográfica?


Test Ciclo de Pteridofitas 1º BAC SESIÓN 19

SEXTA SEMANA
Sesión 19
Como vimos onte o ciclo de pteridofitas nunha clase online, na sesión de hoxe traballamos as cuestións seguintes para afianzalo. Importante ver a sesión de onte para poder contestar.
        Accede e cubre tódolos campos antes de enviar é sinxelo:
           TEST ONLINE CICLO DE PTERIDOFITAS



Problemas xenética 4ºESO SESIÓN 15

SEXTA SEMANA
Sesión 15
Nesta sesión repasamos un problema de grupos sanguíneos que é herdanza autosómica e un problema de hemofilia que é un carácter recesivo ligado ao sexo. Podes repasar as explicacións da profe na lista de reprodución do canle en youtube cas explicacións de xenética: Explicacións de xenética da profe.
Intenta facer os problemas ti, as solucións non as mires ata rematalos.

  1.  Unha muller do grupo AB acaba de ter un fillo. Ao saír do hospital, entréganlle un neno e na tarxeta del di que é do grupo 0. a. Cres que houbo un erro ou pode ser o seu fillo auténtico? b. Se o pai do neno é do grupo 0, realiza o cruzamento e indica o grupo sanguíneo dos posibles fillos da parella.
  2.   Unha parella formada por unha muller portadora do xene da hemofilia e un home hemofílico queren saber como podería ser a súa descendencia. Explica o tipo de herdanza e realiza o cruzamento indicando o xenotipo e fenotipo de todos os posibles fillos da parella. 
SOLUCIÓNS

LEMBRADE OS MÉRCORES CLASE ONLINE ÁS 11 HORAS Deica mañá!

Test online de repaso Inmunidade e microorganismos 2ºBAC SESIÓN 21

SEXTA SEMANA
Sesión 21

Accede ao enlace e resolve as cuestións de repaso da 3ª avaliación sobre Inmunidade e microorganismos. Fíxate e cubre todo, antes de envialo. 

Non tes que enviarme ningún correo xa accedo as respostas cada enviades o test cuberto.
Accede o test e contesta:

 CUESTIONARIO INMUNIDADE/MICROORGANISMOS

lunes, 27 de abril de 2020

A modelaxe glaciar 2º BAC CCMA SESIÓN 12

SEXTA SEMANA
Sesión 12
Nesta sesión repasaremos a modelaxe glaciar, déixovos este vídeo de dous minutos da Unesco onde podemos ver a grandiosidade dos glaciares.


Cuestións:

  1. Que é un glaciar?
  2. Tipos de glaciares.
  3. En Galicia pode haber glaciares? De que tipo?
  4. Que son as morrenas?
  5. Que é un lago glaciar?. Tipos


6ª Semana de confinamento TITORÍA

SEXTA SEMANA
Hola a tod@s,
espero que o Festival do Libro vos axudara nestes días de confinamento a valorar a importancia da lectura e nestas semanas que non podemos saír da casa aproveitemos a viaxar cos libros.

Déixovos un vídeo sobre "O poder da actitude"para esta sesión de titoría para valorar a importancia da actitude positiva ante a vida e a importancia de vivir con ilusión e alegría!
VIVAMOS CON ALEGRÍA!!! SEXAMOS AMABLES!!! INTENTEMOS SER A MELLOR PERSOA QUE PODAMOS SER!!!



Test online de xenética 4º ESO SESIÓN 14

SEXTA SEMANA
Sesión 
Comezamos a sexta semana cun test online feito pola profe, é moi doado, e ao rematar dádelle a enviar e xa o recibo. Lembrade cubrir todos os datos.
              CUESTIONARIO SOBRE XENÉTICA


Ciclo reproductor Pteridofitas 1ºBAC SESIÓN 18

SEXTA SEMANA
Sesión 18
Clase online con ZOOM ás 12 horas o luns 27 de abril.
Contidos:

  • Inicio da reprodución vexetal: Ciclo das pteridofitas
Recibirás un correo uns minutos antes para acceso á sesión.




VÍDEO DA CLASE DE HOXE:


Test de repaso Sistema endocrino e locomotor 3º ESO SESIÓN 10

SEXTA SEMANA
Sesión 10
Comezamos esta semana co repaso do sistema endocrino e locomotor a través dun cuestionario online feito pola profe. Cúbreo despacio e todos os datos, unha vez rematado dalle a enviar e xa o recibo ca data na que foi cuberto.



    
         ACCEDE O CUESTIONARIO ONLINE 
Lembrade:
Moitos tendes aún que facer as cuestións da sesión anterior: SESIÓN 9 

Cuestionario Microorganismos, mutacións e inmunidade 2ºBAC SESIÓN 20

SEXTA SEMANA
Sesión 20 

Continuamos co repaso de temas da terceira avaliación comprobando o que sabeDES a través de formularios online feitos pola profe.
Lembra cubrir todas as respostas e datos antes de enviar.
Repasando mutacións, microorganismos e inmunidade:

Entra no seguinte enlace e responde: FORMULARIO ONLINE 2º BAC 27/4/2020

viernes, 24 de abril de 2020

Actividades interactivas 2º BAC CCMA SESIÓN 11

QUINTA SEMANA DE CONFINAMENTO 
Sesión 11
Parabéns polas actividades interactivas deseñadas polo alumnado, pasapalabras, test, relaciona, crucigramas...
 Neste enlace ao voso blog do Proxecto Ciencia Activa podedes ver as de 2º BAC e tamén as do alumnado de 1º Bac e 4º da Eso
ACTIVIDADES CREADAS EN EDUCAPLAY

Microorganismos e inmunidade 2º BAC SESIÓN 19

Rematamos a QUINTA SEMANA de confinamento por crisis COVID19.
Sesión 19
Como xa rematamos os temas de microorganismos e inmunidade adicaremos un par de semanas a practicar preguntas sobre eles.
Hoxe comezamos cun formulario online que debedes cubrir, é moi curto só son cinco preguntas.
LEMBRA CUBRIR TÓDOLOS CAMPOS (CORREO, NOME, RESPOSTAS...) repasade e non lle dedes a enviar ata rematar e vos esteades conformes cas respostas.

FORMULARIO 24 DE ABRIL 2º BAC

Por favor lembrade ir estudiando estas dúas leccións! Ánimo!!!

3º DÍA DO FESTIVAL DO LIBRO DO COLE

Os días 22, 23 e 24 de abril celébrase o VII Festival do Libro durante estes tres días seguiremos o plan de actividades propostas no programa do Festival, xa que é un proxecto multidisciplinar que abarca todos os niveis educativos do centro:  Leer es poder!
(agás no caso do alumnado de 2º BAC que seguirán cas actividades específicas das materias)
DENDE AS MATERIAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA E CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS CONTRIBUIMOS CUNHAS INTERESANTES ACTIVIDADES INTERACTIVAS FEITAS POR ALUMN@S DE 4º DE ESO,1ºBAC  E 2ºBAC. PARABÉNS!!
PARA PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES E XOGOS ACCEDE AO BLOG DO FESTIVAL: AQUÍ         OU NESTA PÁXINA DE PROXECTO CIENCIA ACTIVA

PROGRAMA DO 24 DE ABRIL



jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL- DÍA DO LIBRO

Os días 22, 23 e 24 de abril celébrase o VII Festival do Libro durante estes tres días seguiremos o plan de actividades propostas no programa do Festival, xa que é un proxecto multidisciplinar que abarca todos os niveis educativos do centro: ¡Leer es poder!
(agás no caso do alumnado de 2º BAC que seguirán cas actividades específicas das materias)
DENDE AS MATERIAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA E CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS CONTRIBUIMOS CUNHAS INTERESANTES ACTIVIDADES INTERACTIVAS FEITAS POR ALUMN@S DE 4º DE ESO,1ºBAC  E 2ºBAC. PARABÉNS!!
PARA PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES E XOGOS ACCEDE AO BLOG DO FESTIVAL: AQUÍ         OU NESTA PÁXINA DE PROXECTO CIENCIA ACTIVA

O PROGRAMA DE HOXE 23 DE ABRIL

Repaso da Inmunidade Adquiridae remate da unidade 20 BIOLOXÍA 2ºBAC SESIÓN 18

Continuamos co teletraballo na QUINTA SEMANA por confinamento a causa do COVID19
Sesión 18 
Na clase de hoxe online as 13:30 xoves 23 de abril, remataremos a unidade 20:

  • Repaso do ciclo viral do VIH
  • O cancro
  • vacinas e soros
VÍDEO DA CLASE: 


miércoles, 22 de abril de 2020

VII Edición do Festival do Libro

Os días 22, 23 e 24 de abril celébrase o VII Festival do Libro durante estes tres días seguiremos o plan de actividades propostas no programa do Festival, xa que é un proxecto multidisciplinar que abarca todos os niveis educativos do centro: ¡Leer es poder!
(agás no caso do alumnado de 2º BAC que seguirán cas actividades específicas das materias)
DENDE AS MATERIAS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA E CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS CONTRIBUIMOS CUNHAS INTERESANTES ACTIVIDADES INTERACTIVAS FEITAS POR ALUMN@S DE 4º DE ESO,1ºBAC  E 2ºBAC. PARABÉNS!!
PARA PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES E XOGOS ACCEDE AO BLOG DO FESTIVAL: AQUÍ         OU NESTA PÁXINA DE PROXECTO CIENCIA ACTIVA

DÍA 22 DE ABRIL



martes, 21 de abril de 2020

Factores que influyen na fotosíntese 1ºBAC SESIÓN 17

Seguemos cas clases online na QUINTA SEMANA de confinamento por crisis COVID19

Sesión 17
Clase online ás 12h o martes 21 de abril, con Zoom trataremos:

  • Factores que influyen na fotosíntese
  • Repaso tropismos, nastias e hormonas





VÍDEO DA CLASE:


TAREFA ACORDE AO EXPLICADO PARA ENVIAR AO CORREO DA PROFE COMO EVIDENCIA DO SEGUEMENTO ONLINE:

  1. Debuxa un cloroplasto cas partes.
  2. Ecuación global da fotosíntese.
  3. Cita que factores inflúen na actividade fotosintética.
  4. Define tropismo e nastias e pon un exemplo de cada.
  • Solución das cuestións no vídeo da sesión de hoxe e tamén nas clases anteriores publicadas nas entradas do blog en vídeo para o alumnado que non accedeu en directo.


Problemas de herdanza autosómica de dous xenes 4ºESO SESIÓN 13

Sesión 13

Como xa explicamos en varias sesións as Leis de Mendel (están gravadas e podedes visualizar cando o precisedes) e na sesión de onte compartín un vídeo explicando como resolver un problema tipo (consultar vídeo sesión 12), hoxe plantexo dous problemas para facer vos, e as solucións que debedes consultar ao rematalos publicareinas nun vídeo explicado por mín. Calquer dúbida comentade no blog ou por correo. 

PROBLEMAS

  1. Calcula cómo será a posible descendencia dunha muller de ollos oscuros e pelo rubio e un home de ollos claros e pelo moreno. Sabendo que ambos son heterocigotos. (O color de ollos claros a é recesivo frente ós ollos oscuros A, e o pelo rubio b recesivo respecto o pelo moreno B.)
  2. Se cruzan tomates rojos híbridos y de tamaño normal homocigóticos con la variedad amarilla enana. Cómo será a F1?  (Importante para datos: Los alelos dominantes son color rojo R y tamaño normal N). 
VÍDEO CA RESOLUCIÓN DOS PROBLEMAS:




O VIH ciclo reproductor 2º BAC SESIÓN 17

Continuamos QUINTA SEMANA de teletraballo por emerxencia COVID19

Sesión 17

Como sabedes no terceiro trimestre repasaremos a xenética e tedes ir estudiando: Os microorganismos e a Inmunidade, tedes vídeos cas explicacións destas unidades para consultar ou repasar as clases online.
Deixovos este enlace á lista de reprodución da canle en youtube ciencia activa, con explicacións miñas de xenética que vos poder axudar a lembrar cómo se facían os problemas: autosómicos, ligados ao sexo, grupos sanguíneos...


SESIÓN ONLINE AS 13 HORAS O MARTES 21 DE ABRIL, por problemas con la WIFI se pospone para hoxe ás 18 h, disculpade. 
URL DA REUNIÓN:
https://us04web.zoom.us/j/71346581794?pwd=VHVwNHdVcTJPOU83VVR4Y3pLYWlKQT09

Na clase explicaremos:

  • O VIH e a SIDA
  • Rexeitamento nos trasplantes
  • Soros e vacinas
  • VÍDEO DA CLASE:

lunes, 20 de abril de 2020

5ª Semana de confinamento TITORÍA

Queridos alumn@s,
 seguimos nos nosos fogares, espero vos atopedes ben, comparto nesta sesión de titoría algúns consellos que espero nos podan axudar a afrontar estas circunstancias tan extraordinarias para tod@s. 

  1. Evitar o sedentarismo. Non convén estar sentado máis de dúas horas seguidas. Podemos aproveitar as actividades cotiás, como as tarefas domésticas ou falar por teléfono, para movernos. Tamén é posible facer actividade física en casa. 
  2. Seguir unha alimentación saudable e equilibrada. 
  3.  Aproveitar a tecnoloxía, usándoa con responsabilidade. Internet, os computadores, as tabletas ou os teléfonos móbiles son, nestes momentos, os nosos aliados para teletrabajar, estudar, comunicarnos e gozar do tempo de lecer. Cando usamos estes dispositivos, con todo, é importante seguir algunhas recomendacións: manter unha distancia adecuada entre os ollos e a pantalla, inclinar a pantalla lixeiramente cara atrás para evitar sombras e reflexos, parpadear a miúdo, apartar a mirada uns vinte segundos cada vinte minutos a unha distancia duns seis metros, e non utilizar os dispositivos móbiles durante as dúas horas previas a deitarse. 
  4.  Informarse e informar ben aos demais. Habemos de utilizar canles de información oficiais ou contrastados. Se usamos as redes sociais, temos que contrastar a información que se comparte. Debemos evitar esparexer rumores e informacións que non sexan fiables. A comunicación debe ser serena e acougada: o estado emocional contáxiase aos demais. 
  5.  Coidarse e protexerse. Debemos seguir as recomendacións e as medidas de prevención que determinen as autoridades sanitarias. utilizar o Ter unha actitude positiva é fundamental. Convén recoñecer os propios sentimentos, aceptalos e, se é necesario, compartilos coas persoas máis próximas.
  6. Organizarse na casa. É recomendable seguir unhas rutinas diarias: iso axudará a manter unha orde e pode favorecer a sensación de normalidade. Convén acordar unha distribución das tarefas, así como da loxística doméstica durante o período de confinamento (por exemplo, quen fai as compras e cando, o coidado dos familiares, dispoñer de espazos illados, etc.). No caso de que teletraballemos, é aconsellable establecer un espazo adecuado e un horario adaptado ás circunstancias, tendo en conta tamén os tempos de descanso.
  7.  Estar conectados coa nosa xente. Que non podamos visitar a familiares e amigos non quere dicir que non podamos estar en contacto con eles. Chamarlles, enviar mensaxes ou facer videoconferencias é unha posibilidade. Agora máis que nunca, debemos apoiar á xente máis vulnerable e ser solidarios. 
  8.  Relaxarse e distraerse. É necesario aceptar que hai circunstancias que non se poden controlar nin prever. Cada un ten a súa propia resposta emocional ante unha situación excepcional como esta: é necesario ser empáticos e evitar os prexuízos. Este pode ser un momento para gozar do tempo libre e da gran oferta de lecer en liña e gratuíto que hai dispoñible. 
  9.  Considerar a parte positiva. É momento de parar e reflexionar. Podemos aproveitar a ocasión para pensar, imaxinar, crear e escribir. Lembremos que esta é unha situación transitoria e que, unha vez pasase, todo o mundo pode aprender cousas importantes.
Unha aperta!!!

A modelaxe eólica e litoral 2ºBAC CCMA SESIÓN 10

Iniciamos a QUINTA SEMANA de confinamento por crise COVID19
Sesión 10
Nesta sesión preocedes ao visionado do vídeo e contestades as seguintes cuestións:
  • Identifica as formas de erosión, transporte e sedimentación dunha paisaxe l eólica e literal . Completa a búsqueda de información no libro de texto.


Anomalías do sistema inmunitario2ºBAC SESIÓN 16

Iniciamos a QUINTA SEMANA de traballo online por emerxencia por COVID19.

Sesión 16
Nesta sesión veremos:

  • Autoinmunidade
  • Hipersensibilidade
  • Inmunodeficiencia (introducir)
  • Virus da  sida (introcucir)

SESIÓN ONLINE ÁS 12H POR ZOOM O LUNS 20 DE ABRIL
VÍDEO DA CLASE DE HOXE:



Repaso A relación das plantas 1ºBAC SESIÓN 15/SESIÓN 16

Iniciamos a QUINTA SEMANA de traballo online por emerxencia COVID19
Sesión 15
Imos repasar o explicado na sesión anterior resolvendo test interactivos propostos na páxina Proxecto Biosfera do Ministerio de educación, para coñecer os tropismos, as nastias e as hormonas vexetais xogando:

ACTIVIDADE RELACIONA OS MOVEMENTOS DAS PLANTAS

ACTIVIDADE SOBRE HORMONAS VEXETAIS

Anímate e xoga! Aprenderás de xeito divertido e xa bes como te vas desenvolvendo e xa me contas por correo.

Sesión 16
RETO

  • Elaboración de actividades interactivas en Educaplay para o Festival do Libro coma vos indiquei no correo.

Parabéns ao alumnado que xa as entregou porque son estupendas todas as actividades ROSCOS, TEST, RELACIONA, CRUCIGRAMAS, serán publicadas no blog do Festival. 

Leis de Mendel 4ºESO SESIÓN 12

Iniciamos a QUINTA SEMANA de traballo online por emerxencia COVID19
Sesión 12

Na sesión de hoxe fareces unha actividade interactiva para completar online entrando neste enlace e así repasaredes as leis de Mendel de xeito divertido, podes obter pistas e saberás a puntuación que logras:

ACTIVIDADE REPASO LEIS DE MENDEL

No seguinte vídeo explico  como resolver un problema de dous xenes e se se cumple a terceira Lei de Mendel:

  • Sería Calcula F1 e F2 que resulta de cruzar dúas plantas razas puras unha de semente amarela e lisa cunha de semente verde e rugosa. (o amarelo domina sobre o verde e o liso domina sobre o rugoso) 
  • IMPORTANTE VER OS VÍDEOS CA EXPLICACIÓN DA RESOLUCIÓN:



Na próxima sesión faredes problemas aplicando o aprendido no vídeo

A reprodución humana 3ºESO A/B SESIÓN 8

Iniciamos a QUINTA SEMANA de traballo online por emerxencia COVID19
Sesión 8
Na clase de hoxe trataremos os seguintes puntos da sesión 7 sobre A reprodución humana:
Función de reprodución.

  • As fases da reprodución humana
  • Caracteres sexuais primarios e secundarios.
Sesión online con ZOOM ás 17h do luns 20 de abril 
Instala zoom no ordenador ou móvil, e recibirás un correo uns minutos antes para poder acceder á clase.
VÍDEO CA EXPLICACIÓN :



TAREFA PARA ENVIAR AO CORREO E PODER EVIDENCIAR O SEGUEMENTO DE TELETRABALLO ONLINE: (co visionado do vídeo xa atopas as respostas ou no libro)

  1. Cita as fases da reprodución humana
  2. Que é a fecundación?
  3. Que divisións celulares sufre o cigoto para poder obterse o embrión?
  4. Que causa o desenvolvemento dos caracteis sexuais secundarios?
  5. Caracteres sexuais secundarios masculinos e femininos.


domingo, 19 de abril de 2020

Alumnado ca materia de bioloxía e xeoloxía pendente de 3º ESO

O alumnado  de 4º ESO ca materia pendente de bioloxía e xeoloxía de 3º ESO, viña asistindo a clase de recuperacións os mércores pola tarde ata mediados de marzo que comezou o confinamento, de tódolos xeitos o seguemento continúa online a parte que nos faltaba por repasar podedes seguila neste blog na páxina correspondente a 3º ESO A/B e a través do correo lembrade contactar para calquer dúbida: beatriz@feijoozorelle.com.
Encantada de axudarvos no que precisedes, ánimo!

Alumnado con materias pendentes de 1º ESO

Na plataforma Edmodo hai crEado un grupo para os alumnos que teñades a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO suspensa DE CURSOS ANTERIORES, aquí tedes o código de acceso da clase: jnebu7.
‌A través da plataforma ou do correo electrónico rose.cprfeijoozorelle@gmail.com comentaremos o que sexa preciso para que deste xeito se poidan levar a cabo os obxectivos da aprendizaxe. 
Ánimo! 



viernes, 17 de abril de 2020

Axentes xeolóxicos formación de relevos 2ºBAC CCMA SESIÓN 9

Sesión 9
Na unidade  da dinámica externa e relevo leede o resumo da páxina 189 do libro, no que recolle as ideas esenciais sobre os axentes xeolóxicos e a formación de relevos e facedes estas dúas cuestións:

A relación das plantas 1ºBAC SESIÓN 14

Sesión 14
Proseguimos as clases online na CUARTA SEMANA de teletraballo despois da Semana Santa.
Na sesión de hoxe estudiaremos entre todos de xeito participativo: 

  • A relación das plantas: fitohormonas, tropismos e nastias (UNIDADE 14)
  • Estructura completa dun cloroplasto :
Clase online con Zoom (instala no teu ordenador ou móvil), precisaredes os esquemas, o libro o compartirá a profe na pantalla.

  • SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 12h o VENRES 17 de abril
  • Recibirás un correo co acceso á sesión uns minutos antes.
VÍDEO DA CLASE:

Sistema complemento, Interferón. 2ºBAC SESIÓN 14

Sesión 14
Proseguimos co traballo online na CUARTA SEMANA de emerxencia por COVID19

Nesta sesión rematamos a explicación dá unidade 19: O Proceso Inmunitario
Explicaremos as seguintes preguntas:
  • O sistema inmunitario lembra as respostas frente aos patóxenos.
  • Conceptos: Teoría da Selección clonal, Sistema Complemento, Interferón.
SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 11h o venres 17 de abril
Recibirás un correo co acceso uns minutos antes.
VÍDEO DA CLASE:

jueves, 16 de abril de 2020

Os tecidos vexetais, cloroplasto e ecuación da fotosíntese 1ºBAC SESIÓN 13

Sesión 13
Proseguimos as clases online na CUARTA SEMANA de teletraballo despois da Semana Santa.
Na sesión de hoxe repasaremos e estudiaremos entre todos de xeito participativo: 

  • REPASO TECIDOS VEXETAIS: t. meristemático, parenquimático, protector, de sostén, conductores e secretores.(UNIDADE 9)
  • ESTRUCTURA DUN CLOROPLASTO E ECUACIÓN GLOBAL DA FOTOSÍNTESE.(PÁX. 250 UNIDADE 13)

Clase online con Zoom (instala no teu ordenador ou móvil), precisaredes os esquemas, o libro o compartirá a profe na pantalla.

  • SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 12h o XOVES 16 de abril
Recibirás un correo co acceso á sesión uns minutos antes.
VÍDEO DA CLASE:


Inmunidade humoral e celular 2ºBAC SESIÓN 13

Sesión 13
Proseguimos co traballo online na CUARTA SEMANA de emerxencia por COVID19

Nesta sesión continuamos explicando á unidade 19: O Proceso Inmunitario
Explicaremos as seguintes preguntas:

1 Resposta inmunitaria humoral e celular.

  • Órganos linfoides
  • Linfocitos
  • Estructura de antíxenos e anticorpos
  • Reacción antíxeno anticorpo
  • SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 13:30h o xoves 16 de abril
Recibirás un correo co acceso uns minutos antes.
VÍDEO DA CLASE DE HOXE:


miércoles, 15 de abril de 2020

4ª semana de confinamento- Titoría

Ola a tod@s,
espero sigades ben, xa pasaron as vacacións de Semana Santa e vemos como se prolonga o confinamento na casa. 
É importante que aproveitemos para conversar, xogar, ler, facer exercicio e non desconectar da aprendizaxe. Todos debemos adaptarnos a esta situación con resiliencia!
Neste vídeo as compañeiras de 1º BAC nos dan consellos con alegría para afrontar esta crise da COVID19 na casa:


Unha aperta!!!!

Cruzamento prueba e resolución de problemas de dos xenes 4ºESO SESIÓN 11

Sesión 11
Nesta sesión trateremos os seguintes puntos:

  • Repaso Leis de Mendel páxinas 132 e 133.
  • Un cruzamento prueba
  • Resolución dun problema de dous xenes páxinas 134 e 135.
  • CLASE ONLINE POR ZOOM O 15 DE ABRIL ÁS 11h
  • Recibirás un correo uns minutos antes. 
  • VÍDEO DA SESIÓN:

O aparello reproductor feminino 3ºA/ 3ºB SESIÓN 7

Retomamos o teletraballo despois das vacacións de Semana Santa, na CUARTA SEMANA de clases online

Sesión 7

  • Nesta sesión coñeceremos a estructura do aparello reproductor feminino e a estructura do óvulo ou gameto feminino para o que primeiro fixarédesvos nos esquemas cas partes e a súa descripción e a continuación completaredes as imaxes para ver o aprendido.

  • Consultar esquemas das páxinas 130 e 131, ou visita este enlace no Proxecto biosfera e COMPLETA DESPOIS DE CONSULTAR ESQUEMAS:
  • Aparello reproductor


  • Repaso interactivo do aparello reproductor masculino: Repasa xogando a estructura do aparello reproductor masculino na seguinte actividade interactiva
  •  Test xeral sobre a reprodución xoga e comenta o resultado: TEST INTERACTIVO 

martes, 14 de abril de 2020

Conceptos previos 2ºBAC CCMA SESIÓN 8

Retomamos o seguemento do curso na CUARTA SEMANA de confinamento por COVID19
Sesión 8

Iniciamos a unidade 8: Dinámica externa e o relevo contestando as seguintes cuestións:

Os tecidos animais 1ºBAC SESIÓN 12

Sesión 12
Retomamos as clases online na CUARTA SEMANA de teletraballo despois da Semana Santa.
Na sesión de hoxe repasaremos e estudiaremos entre todos de xeito participativo, os TECIDOS  ANIMAIS: Epiteliais (Revestemento e glandular), Connectivos (Conxuntivo, adiposo, cartilaxinoso, óseo, sanguíneo), Muscular, Nervioso. 

Clase online con Zoom (instala no teu ordenador ou móvil), precisaredes os esquemas, o libro o compartirá a profe na pantalla.

  • SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 13h martes 14 de abril
  • Recibirás un correo co acceso á sesión a partir das 12:45h.
  • VIDEO CA GRAVACIÓN DA CLASE DE HOXE:

Inmunidade Innata e Adquirida 2ºBAC SESIÓN 12

Sesión 12
Retomamos o traballo online despois das vacacións de Semana Santa na CUARTA SEMANA de emerxencia por COVID19

Nesta sesión daremos comenzo á unidade 19: O Proceso Inmunitario
Explicaremos as seguintes preguntas:

1 A Inmunidade Innata baséase en mecanismos de defensa inespecíficos:

  • Barreiras primarias
  • Barreiras secundarias

2 A Inmunidade adquirida xera unha resposta específica. 

  • SESIÓN ONLINE POR ZOOM ÁS 13h martes 14 de abril
  • Recibirás un correo co acceso á sesión a partir das 12:45h.
  • VIDEO CA GRAVACIÓN DA CLASE DE HOXE:

Conceptos básicos de xenética 4ºESO SESIÓN 10

Sesión 10
Retomamos o traballo online (despois das vacacións de Semana Santa) na  CUARTA SEMANA de teletraballo por emerxencia polo COVID19.
Nesta sesión imos traballar da Unidade 7: Herdanza e Xenética, o repaso dos seguintes conceptos básicos:


Xen, alelos, cromosomas, cromatina, locus, cromosomas homólogos, cromátidas irmás, homocigoto, heterocigoto, xenotipo, fenotipo, F1, F2, Herdanza autosómica e herdanza ligada ao sexo.


Precisamos saber estes conceptos para a resolución de problemas e como teoría de xenética, están na teoría inicial dada por apuntes na aula e nas páxinas 130 e 131 do libro de texto. 
Neste vídeo veredes e escoitaredes as explicacións da profe: 

  • Importante estudiar e saber todos os conceptos explicados neste vídeo.
  • Actividades 3 e 4 páxina 130, actividades 5 e 6 páxina 131.

viernes, 3 de abril de 2020

1ºBAC SESIÓN 11

Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)

Sesión 11

Sesión online mediante ZOOM as 12h, só tes que descargar Zoom no ordenador ou no móvil e acceder a sesión ca invitación que recibiredes no voso correo electrónico. 

  • Sesión de repaso "Tecidos", "Biodiversidade" e "Clasificación de seres vivos e Evolución" 
  • Organizar actividades coma o reto "Quédate en casa" ou "Festival do libro dixital"
  • Gravación da clase online en ZOOM:


SOLUCIÓNS DA SESIÓN 8:


  • TEST: 1c   2a   3b   4d   5b   6b   7d   8c   9a   10c
  • ENCADEADO:

2º BAC SESIÓN 11

Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 11
IMPORTANTE: Organización do estudio na 3ª Avaliación 

OS MICROORGANISMOS

TEMA 17:

AS BACTERIAS, OS VIRUS (menos os retrovirus coma o VIH que se estudian no tema 20)
Estudiar polo libro, os apuntes, e os audios e esquemas compartidos neste blog nas sesións 1,2 e 3 sobre os ciclos lítico, lisoxénico e transducción.

TEMA 18:

Estudiar o esquema das aplicacións dos microorganismos enviado ao correo de todos e compartido neste blog na sesión 7.
Todo o tema está explicado na sesión online do 2 de abril, consulta
o vídeo da clase .
Deixovos dous exames para que podades repasar ao voso ritmo durante as vacacións (facede un deles mínimo para conectaros co repaso da bioloxía)





jueves, 2 de abril de 2020

2ºBAC SESIÓN 10

Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 10

  • Sesión online empregando ZOOM a las 13 horas, alumnado avisado por correo electrónico. Tema 18: Os microorganismos, enfermidades e biotecnoloxía.
  • Neste vídeo podedes ver a clase de hoxe cas explicacións e interaccións do alumnado:

miércoles, 1 de abril de 2020

4ºESO SESIÓN 9

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)

Sesión 9
Hoxe teremos unha sesión as 11h. a través dunha conexión por ZOOM.

  • Instala Zoom (é gratuito) no teu ordenador ou móvil.
  • Recibirás un enlace ao correo e accede
  • A sesión será gravada ca explicación das Leis de Mendel.
Aquí vos deixo a gravación da clase de hoxe, correspondente a explicación das Leis de Mendel páxinas 128 e 129 do libro, nesta clase se conectaron sete alumn@s de 4º ESO A en directo:



3º A/ 3ºB SESIÓN 6

1 de abril 3º A/ 2 de abril 3ºB

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 3º ESO dúas sesións semanais)

Sesión 6
  • Comezamos con dous  exercicios para completar correspondentes ao Aparello Reproductor masculino e á estructura do gameto masculino, o espermatozoide.
  • Se algún non ten o libro, pode consultar teoría dos aparellos reproductores e de calquer tema de bioloxía nesta páxina do Ministerio de Educación: PROXECTO BIOSFERA


COMPLETA PARTES DO A. REPRODUCTOR FEMININO

Novidades! Notas da 2ª Avaliación

Consulta as calificacións da 2ª Avaliación facendo click na imaxe ou AQUI