2º BAC BIOLOXÍA COVID19

3 de abril

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 10
IMPORTANTE: Organización do estudio na 3ª Avaliación 

OS MICROORGANISMOS

TEMA 17:

AS BACTERIAS, OS VIRUS (menos os retrovirus coma o VIH que se estudian no tema 20)
Estudiar polo libro, os apuntes, e os audios e esquemas compartidos neste blog nas sesións 1,2 e 3 sobre os ciclos lítico, lisoxénico e transducción.

TEMA 18:

Estudiar o esquema das aplicacións dos microorganismos enviado ao correo de todos e compartido neste blog na sesión 7.
Todo o tema está explicado na sesión online do 2 de abril, consulta
o vídeo da clase .
Deixovos dous exames para que podades repasar ao voso ritmo durante as vacacións (facede un deles mínimo para conectaros co repaso da bioloxía)




2 de abril

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 9

  • Sesión online empregando ZOOM a las 13 horas, alumnado avisado por correo electrónico. Tema 18: Os microorganismos, enfermidades e biotecnoloxía.
  • Neste vídeo podedes ver a clase de hoxe cas explicacións e interaccións do alumnado:


31 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 8

  • Repasa a importancia dos microorganismos con esta actividade interactiva: TEST INTERACTIVO
  • Nesta sesión intentaremos rematar o Tema 18 sobre os microorganismos. O que falta é a parte relativa ao papel dos microorganismos como causantes das enfermidades. É unha explicación moi xeral e bastante teórica, a mellor opción é estudiala pola guía rápida da editorial co esencial de bioloxía nas páxinas 86, 87 e 88. cas preguntas: 




  •  Algúns microorganismos producen enfermidades.
  • Os viroides e prións como os axentes infecciosos máis simples.
  • As enfermidadestransmítense por diferentes vías
  • Illar e cultivar microorganismos




  • Leedes estas preguntas por o libro de bolsillo ou polas imaxes e se me plantexades as dúbidas, noutra sesións compartirei unha explicación.


30 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 8
  • Comezamos a TERCEIRA semana
Resolver o exame de 2018 de setembro opción A e B

SETEMBRO 2018 A

SETEMBRO 2018 B



  •  Comparto as solucións dos exame de xuño de 2018, comprobade vos mesmos os erros. 

(Aínda que por correo vos estou explicando os acertos e fallos, como realmente se aprende é que vos mesmos comparedes agora as respostas que tiñades co solucionario da ciug)

OPCIÓN A SOLUCIÓNS XUÑO 2018:





OPCIÓN B SOLUCIÓNS XUÑO 2018:




27 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 7

  • Comezamos lembrando: ESTUDIO DO TEMA 17 SOBRE MICROORGANISMOS E O ESQUEMA DAS APLICACIÓNS.
  • Na sesión de hoxe ides facer exámenes das ABAU correspondentes ao ano 2018, comprobaredes que hai preguntas que se repiten, iso é bó! 
  • Afiánzade os conceptos e ollo cas explicacións cando non teñen sentido biolóxico.

  • xuño 2018 opción A


XUÑO OPCIÓN B
                        Enviádeme as solucións ao correo, Grazas!

  • A resolución dos problemas de xenética da sesión 4 gravaréinas en vídeo e subiréinas ao canle en youtube de Ciencia Activa, algúns de vos tiñades dúbidas e así veredes e escoitaredes a resolución

26 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 6


Como explicamos no audio da sesión 5 a importancia dos microorganismos, e tiñades que facer un esquema cas aplicacións ou beneficios destes microorganismos para o ser humano, agora comparto un esquema para que o podades descargar e autocorrexir ou completar o voso.


Bacterias intestinais en simbiose co ser humano
TAREFA: 
  • Entra no enlace ver esquema dun folio e catro líneas doutro, podes descargar e imprimilo.
  • Autocorrexir o teu esquema.
  • Estudiar este esquema completo.





24 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 5

Nesta sesión seguimos co estudio dos microorganismos no tema 17 e 18, segue as indicacións do audio para facer un esquema cas aplicacións beneficiosas dos microorganismos (Final do tema 18 e Final do 17)
Envíademe ao correo o esquema, grazas!



23 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 4 
Resolvedes cuestión correspondentes a unha proba escrita da 2ª Avaliación, Comproba o que sabes!

  1. Un cobaya de pelo blanco, cuyos padres son de pelo negro, se cruza con otro de pelo negro, cuyos padres son de pelo negro uno de ellos y blanco el otro. ¿Cómo serán los genotipos de los cobayas que se cruzan y de su descendencia?
  2.  La aniridia (dificultades en la visión) en el hombre se debe a un factor dominante (A). La jaqueca es debida a otro gen también dominante (J). Un hombre que padecía de aniridia y cuya madre no , se casó con una mujer que sufría jaqueca, pero cuyo padre no la sufría. ¿Qué proporción de sus hijos sufrirán ambos males? 
  3.  Respecto a las enzimas: a) ¿Qué es una enzima? y tipos . b) ¿Qué es el centro activo de una enzima? Gráfico con las constantes cinéticas  c)¿Por qué una enzima que actúa sobre la glucosa puede no ser eficaz sobre la galactosa  e)Esquema inhibición encimática
  4.  Unha célula con dous pares de cromosomas sofre unha mitose, e cada célula filla resultante sofre unha meiose. a) ¿Cantas células se forman ó final?, ¿cal será a dotación cromosómica de cada unha delas? (Responde facendo un debuxo esquemático), c) no esquema indica que células son haploides e cales diploides. b) Explica la TRANSCRIPCIÓN de forma clara y concreta. 
  5.  Representa el flujo de la información genética. Código genético: concepto y características. Estructura de un cromosoma.
Enviádeme as solucións ao correo se o facedes nun word a correción é máis doada e o feedback! Grazas.


18 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a primeira semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais) 

Esta primeira semana rematamos cas tres sesións acorde ao voso horario, o luns continuamos con novas explicacións, e xa sabedes... facer o exame e ir estudiando ao día o explicado do tema dos microorganismos, e repasando a 2ª avaliación, o luns faremos unha recuperación da 2ª para practicar e que vos autoavaliedes.

Sesión 3

  • Nova explicación de hoxe o concepto de transdución no seguinte audio, acorde ao explicado na sesións 2 e 1, é preciso ter estudiado e entendido os ciclos líticos e lisoxénicos, escoita o audio:






  • Exercicio de repaso das ABBAU (dispoñibles na CIUG) para a próxima semana xuño 2015, opción A e B sóo facedes as preguntas do bloque I porque como sabedes o modelo de exame cambiou e só son iguais os do ano 2019 o resto faremos as cuestións, pero lembrade que no modelo actual son cinco. Deixovos unhas capturas de imaxe do que tedes que facer:








Enviádeme as solucións ao correo se o facedes nun word ou nunha foto ca resolución do exame ao correo, como prefirades.
 (Non miredes o solucionario ata facelo primeiro e vos autoavaliades)

17 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a primeira semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 2
  • Comezamos esta sesión cun repaso do ciclo lítico nesta imaxe, O CICLO LÍTICO (adícalle 10 minutos a repasar o explicado na sesión 1, F. ADSORCIÓN, F. PENETRACIÓN, F. REPLICACIÓN, F. DE ENSAMBLAJE y F. LÍTICA) :

  

  • A continuación explicamos brevemente no audio as claves do novo ciclo reproductor: O ciclo Lisoxénico 
  •  
    No libro tendes os dóus ciclos na páxina363:
    As dúas primeiras fases (Adsorción e penetración) deste ciclo son iguais ás descritas no ciclo anterior. Na fase de eclipse (f.de replicación), o ácido nucleico viral en forma de ADN bicatenario recombínase co ADN bacteriano, introducíndoo nun paso como un xen (Fase de LATENCIA) Esta forma viral se chama a un profago ou virus atenuado, mentres que a célula infectada se chama célula lisogénica. Este é o profago que se pode manter durante un período indeterminado, incluíndo pudiendo, reproducindo a célula, xerando novas células fillas lisogénicas. O profago que se mantén latente produciu un cambio no medio ambiente celular que provocou un cambio celular, por exemplo, por variacións bruscas de temperatura, ou desecación, ou disminución na concentración de oxíxeno. Este cambio leva á liberación do profago, transformándoo nun virus activo que continúa no ciclo de infección ata producir a morte celular e a liberación de novos virus. 
  • Rematamos a sesión con dúas actividades 52 e 53 da páxina 380 e este test de multi resposta: AQUÍNo test hai conceptos novos busca cales e podes comentar no blog se os atopache! Ánimo!
http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/2bachillerato/micro/actividades/act3.htm

Lembrade enviar foto das actividades realizadas ao correo para un bo seguemento do traballo.
Na próxima sesión enviarei un exame das ABBAU para realizar os días non lectivos, mentres tanto o estudio debe continuar #SenExcusas


16 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a primeira semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais, excepto esta primeira semana que serán tres xa que o 19 e 20 de marzo non eran lectivos))

Sesión 1
Lembrade que para rematar o temario fáltanos só os microorganismos e a inmunidade.
  • Seguimos co estudio dos microorganismos, xa temos explicado as bacterias, estructura e funcións de nutrición, reprodución e nutrición. Estabamos comezando os virus, xa tiñamos explicada a estrutura xeral dun virus e a estructura dun bacteriófago. páxina 362 (repasade 15´o que temos explicado)
  • Continuamos ca explicación do ciclo reproductor dun bacteriófago páxina 363 nesta sesión explicaremos o ciclo lítico, tamén podedes ver a animación do Proyecto Biosfera é muy clara, visita o enlace: AQUI
  • Escoita o audio relativo a explicación do ciclo lítico:



  • Rematamos a sesión facendo os exercicios 46, 48, 49, 50 e 60 da páxina 380

No hay comentarios:

Publicar un comentario