4º ESO A COVID19

1 de abril

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)

Sesión 9
Hoxe teremos unha sesión as 11h. a través dunha conexión por ZOOM.

  • Instala Zoom (é gratuito) no teu ordenador ou móvil.
  • Recibirás un enlace ao correo e accede
  • A sesión será gravada ca explicación das Leis de Mendel.
Aquí vos deixo a gravación da clase de hoxe, correspondente a explicación das Leis de Mendel páxinas 128 e 129 do libro, nesta clase se conectaron sete alumn@s de 4º ESO A en directo:



31 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)
Sesión 8

  • Continuamos con actividades relacionadas co caso de fibrose quítica plantexado na sesión anterior e agora outras cinco cuestións. Importante para resolver a cuestión 10 precisades do vídeo que tedes nesta sesión para saber cómo podemos resolver problemas de grupos sanguíneos, non vos preocupedes é moi fácil.



  • No seguinte vídeo vos explico como tomar os datos para resolver problemas de grupos sanguíneos, según un exemplo de alelismo múltiple como é o sistema A, B, 0:



  • Solucións das cuestións da sesión 7 do día 30 de marzo.
            (COMPROBA AS TÚ AS RESPOSTAS)

SOLUCIÓNS




30 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)
Sesión 7
Comezamos a sesión ca solución do último problema proposto na sesión 6, parabéns porque moitos alumnos o fixeron correctamenta.

SOLUCIÓN:
Continuamos ca resolución de máis problemas dos explicados ata o momento.
agora nesta imaxe plantexa unha enfermidade a fibrose quística nunha familia e despois de ler o texto ide contestando as cinco cuestións (tipo problema)

O rematar enviádeme o resultado e as dúbidas ao correo, grazas!

25 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)
Sesión 6
Comezamos correxindo e explicando os dous problemas da sesión anterior e ademáis aprenderedes a facer unha árbore xenealóxica, só tendes que seguir as explicacións da profe no seguinte vídeo:



TAREFA:(Problema para pensar para a próxima semana, é máis sinxelo do que parece)
Una serie de alelos múltiples gobierna la intensidad del color del pelo del ratón; D = color completo, d = color diluido; dl = es letal en homocigosis. El orden de dominancia es : D > d > dl. ( D domina sobre d, y a su vez d domina sobre dl ) Un ratón de color completo portador del gen letal es apareado con otro de color diluido también portador del gen letal. ¿Cómo será la descendencia viable?

24 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)
Sesión 5
Continuamos coa solución do problema da sesión 4, algúns xa o enviáchedes correcto, e os que teñades algún erro fixádevos e se algo non o entededes preguntade.


SOLUCIÓN PROBLEMA  SESIÓN 4
Tarefa:


  1. A avoa materna dun home ten visión normal, o seu avó materno era daltónico, a súa nai é daltónica e o seu pai é de visión normal Que tipo de visión terá o home?. Indicar o genotipo de todos.
  2. Unha muller de visión normal, cuxos pais non eran daltónicos, contraeu matrimonio cun home daltónico. Como resultado desta unión tiveron un fillo cuxa visión é correcta e unha filla daltónica. Determinar o genotipo desta muller e dos seus pais
23 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)
Sesión 4
Seguimos traballando dende a casa, ánimo! Xa veredes como todo vai saír ben e a aprendizaxe continúa grazas á tecnoloxía!
Comezamos a sesión correxindo os problemas plantexados na sesión anterior. 
O solucionario son estas imaxes pero é mellor que escoitedes o audio onde vos explico a resolución:
PROBLEMA 23 SOBRE DALTONISMO PAX.141


O seguinte problema esta resolto na imaxe e explicado noutro audio:


SOLUCIÓN PROBLEMA 24 SOBRE HEMOFILIA PAX. 141


TAREFA:
Calcula a posible descendencia entre unha muller de visión normal cuxa nai era daltónica e un home de visión normal. Que porcentaxe da descedencia tería visión normal? Lembra que o daltonismo é recesivo ligado a X.

18 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a primeira semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)
3ª sesión
Comezamos a sesión ca correción dos exercicios da sesión 2 no seguinte audio que aclara as fotos ca resolución:





SOLUCIÓN

SOLUCIÓN

  • Importante: Nova explicación para continuar coa herdanza ligada ao sexo, leer e analizar o exemplo SABER HACER da páxina 141 e escoitar o audio seguinte.

  • 17 de marzo

     Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a primeira semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
    (Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)

    2ª sesión

    • Comezamos a segunda sesión ca corrección dos problemas da sesión 1, moitos de vos os resolvestes e enviastedes ao correo, moi bo traballo! 

    Outros estudiantes aínda non, lembrade traballamos dende casa #SenExcusas
    Solucións exercicios 14 e 15 da páxina 136:




    Continuaredes realizando dous novos problemas o 39 e 40 da páxina 144 que tamén son de herdanza codominante e intermedia, e xa sabedes calquer dúbida comentade no blog ou ao correo:





    16 de marzo

     Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a primeira semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
    (Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)

    1ª sesión






  • Continuamos cos problemas de xenética comezamos a clase co repaso dalgún problema dun xen, que son os que vimos ata agora:

    • Deberíades ter moitos problemas feitos dun xen durante a semana pasada calquer dúbida escribídeme ao correo como xa vos dixen.
    • A continuación comezaremos cun exemplo de problemas de herdanza intermedia (Dominancia incompleta  e codominancia )páxina 136:


    • Realiza os exercicios 14 e 15 da páxina 136 para practicar a herdanza intermedia e a codominante, despois de escoitar o audio:

No hay comentarios:

Publicar un comentario