CCMM 2ºBAC COVID19

31 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

Sesión 7

  • Na sesión de hoxe comezamos compartindo as solucións as actividades propostas na sesión anterior:



30 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

Sesión 6
Comezamos a terceira semana na casa e traballaremos os seísmos no tema 7, para repasar leede a páxina 159 (exercicio 9) onde nos fala do risco sísmico en España e na páxina 164 (exercicios 15, 16 e 17)faredes un comentario de texto sobre os seísmos. Resolvede estes catro exercicios.


27 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS 2ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

Sesión 5
Nesta clase continuamos co tema dos plásticos e agora vouvos propór un traballo práctico de reciclaxe e ao mesmo tempo de creatividade aproveitando a época na que nos atopamos:

  • Elaboración de flores reciclando plásticos!

  • Podedes enviar fotos das vosas flores recicladas.
24 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS 2ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

Sesión 4
Con este vídeo en menos de dous minutos podemos ver a problemática dos plásticos no medio natural



Agora rematamos a sesión co visionado deste interesante vídeo sobre a historia do plástico, a orixe, os usos e as aplicacións en tódolos ámbitos incluso a medicina...




23 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS 2ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

Sesión 3

Continuamos traballando moitos dos problemas ambientais, nesta ocasión voltaremos a falar dos plásticos nas augas e que mellor que consultedes entradas no blog de alumnos feitas por vos mesmos.
Consulta este post sobre Bioplásticos e busca información sobre posibles solucións á problemática dos plásticos nos océanos.




17 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS 2ºBAC para a primeira semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC tres sesións semanais, excepto esta primeira semana que serán dúas xa que o 19 e 20 de marzo non eran lectivos))

Sesión 2

Nesta primeira sesión e ante a proximidade da celebración do día da auga seguemos a traballar o tema da hidrosfera, repasando a corrente Termohalina na páxina 128, e facendo os exercicios25 e 26 da páxina 144.
Os eercicios resoltos podedes envialos ao meu correo e as dúbidas que vos podan xurdir.



Parabéns a todos polas moitas entradas que tedes preparadas no blog de alumnos BAC Proxecto Ciencia Activa, nos seguintes enlaces visitade os post feitos polos vosos compañeir@s e resolvede as actividades feitas con Educaplay. Xogando tamén se aprende!

RESOLVE O PASAPALABRA NO SEGUINTE ENLACE: FAI CLICK 


Parabéns Antía Mosquera pola actividade, bo traballo!

16 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS 2ºBAC para a PRIMEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC tres sesións semanais, excepto esta primeira semana que serán dúas xa que o 19 e 20 de marzo non eran lectivos))

Sesión 1
Ante esta situación de extraordinaria na que nos atopamos seguiremos cun seguemento das materias a través do blog e a dirección de email para enviar traballos ou dúbidas.
Moi importante seguir cas actividades prácticas no blog de alumnos Proxecto ciencia Activa coma fixemos durante todo o curso, que revisarei e irei publicando no voso blog: PROXECTO CIENCIA ACTIVA


  • Lembrade que tiñamos rematado o tema da Xeosfera, na sesión de hoxe imos ler o resumo da páxina 165 e contestar as cuestións 18, 19 e 20.
  • Segundo a seguinte imaxe un seísmo sucedeu fai seis anos en Chile, fíxate no texto e na imaxe e comenta as posibles causas baseándote na Tectónica de Placas:

Lembrade remitirme as actividades a posibles dúbidas ao correo: beatriz@feijoozorelle.com
Grazas e moita saúde para tod@s! #EstudiaNaCasa#SenExcusas

No hay comentarios:

Publicar un comentario