domingo, 22 de marzo de 2020

Acceso aos LIBROS DE TEXTO!

ACCESO Á PLATAFORMA VIRTUAL VINCULADA AOS LIBROS DE TEXTO

Queridas familias, 
Espero vos encontredes ben. 
A editorial dos libros de texto que empregamos permite aos alumnos a oportunidade de acceder de forma gratuita á plataforma vinculada ós libros de texto.
 Aquelas familias interesadas, por favor, enviademe un e-mail a beatriz@feijoozorelle.com ou se sodes de 1º da ESO a rose.cprfeijoozorelle@gmail.com e mandareivos unha mensaxe coas instruccións e o código de acceso a esta plataforma. 
 Seguimos aprendendo!           Unha aperta e coidaros moito!




lunes, 16 de marzo de 2020

ESTUDIA NA CASA!

Con motivo da pandemia orixinada polo coronavirus precisamos de organizar o noso traballo e seguir explicando e estudiando, os medios de hoxe en día permítennos a todos facelo. 




ESTUDIA NA CASA son as páxinas que teredes que visitar no blog de Bioloxía e xeoloxía do curso que vos corresponda: 3º ESO, 4ºESO, 1ºBAC e 2º BAC

Iniciamos unha nova aventura e non haberá problema, só hai que ter gañas de traballar, xa que tempo temos dabondo só hai que organizalo ben!#SinExcusas

ÁNIMO!!! XA SABEDES CONSULTÁDEME CALQUER DÚBIDA!!

Co ordenador, tablet ou dende o móvil podedes escoitar os audios e vídeos que iréi compartindo no blog cas explicacións.
Podedes contestar, preguntar...facendo comentarios no blog ou no meu correo enviademe fotos da vosa libreta ao correo a través do e-mail:
  beatriztemes@gmail.com          ou                 beatriz@feijoozorelle.com


Tamén podedes acceder aos libros de texto: INFORMACIÓN

domingo, 1 de marzo de 2020

Pasapalabra para conmemorar o papel da muller na ciencia

Resolve este pasa palabra e ao mesmo tempo conmemora a Día Internacional da muller xa que nesta ruleta hai moitos contidos que fan referencia a algunhas das moitas mulleres científicas e inventoras ao longo da historia, que as veces son as grandes descoñecidas.
 

domingo, 2 de febrero de 2020

Novo coronavirus 2019-nCoV

O 31 de decembro de 2019 comunicáronse á OMS varios casos de pneumonía en Wuhan, unha cidade situada na provincia chinesa de Hubei. Tratábase dun virus distinto aos coñecidos, o cal resulta preocupante porque non sabemos de que maneira os novos virus poden afectar as persoas.

 Unha semana máis tarde, o 7 de xaneiro, as autoridades chinesas confirmaron que identificaran un novo coronavirus, unha familia de virus que causan o arrefriado común e enfermidades como o MERS e o SARS.

 Este novo virus denominouse, provisionalmente, 2019- nCoV. Desde o momento en que foi informada do brote, a OMS estivo traballando coas autoridades chinesas e con expertos de todo o mundo para obter máis información sobre o virus, os seus efectos sobre as persoas infectadas, o seu tratamento e as medidas que poden adoptar os países para facerlle fronte.

 Tendo en conta de que os coronavirus adoitan causar síntomas respiratorios, a OMS emitiu recomendacións de protección persoal contra a infección, así como para evitar o contaxio doutras persoas.

Esas infeccións adoitan cursar con febre e síntomas respiratorios (tose e disnea ou dificultade para respirar). Nos casos máis graves, poden causar pneumonía, síndrome respiratoria agudo severo, insuficiencia renal e, mesmo, a morte.

As recomendacións habituais para non propagar a infección son:

  •  A boa hixiene de mans  
  • Cubrirse a boca e o nariz ao toser e esbirrar
  • A cocción completa da carne e os ovos
  • Débese evitar o contacto estreito con calquera persoa que presente signos de afección respiratoria, como tose ou esbirros

sábado, 1 de febrero de 2020

A mitose

A mitose é a división celular na que a partir dunha célula nai, obtemos dúas células fillas idénticas entre sí e iguais a célula nai da que proveñen.
Neste vídeo creado por Clara Taboada podedes atender a explicación do proceso mitótico:


 Este concepto de división, cando o que realmente sucede e multiplicación dunha célula por dúas, resulta difícil de entender, pero grazas a canción e baile da mitose o alumnado de 1º e 2º de BAC este curso o fai de xeito máis doado. Aquí tedes o vídeo do curso pasado ca canción e representación da mitose:


viernes, 31 de enero de 2020

Escritora, muller de ciencia e feminista: Concepción Arenal, unha galega universal!

Resultado de imagen de concepcion arenalEscritora, muller de ciencia e feminista: Concepción Arenal, unha galega universal!
Fai 200 anos nacía Concepción Arenal, unha muller que loitou para poder estudiar na Universidade, un exemplo de tesón e esforzo nunha época na que a muller non tiña acceso a cultura.
 Foi pioneira en moitos aspectos da vida social e intelectual da muller. Grazas a mulleres valentes e intelixentes coma Concepción Arenal, facilitouse o camiño a todas as mulleres e dous séculos despois seguimos lembrado a importancia da súa vida e a súa obra.
Concepción Arenal conseguiu o recoñecemento público, como unha das máis grandes personalidades da investigación e lexislación penitenciaria. E tamén como unha pioneira da loita polos dereitos da muller. Naceu en Ferrol hai agora 200 anos.