Mostrando entradas con la etiqueta 1ºESO COVID19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1ºESO COVID19. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2020

Fondo libros e axudas para material escolar 2020-2021

Fondo libros e axudas para material escolar 2020-2021!



A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.

 O prazo de solicitude empeza mañá 20 de maio e remata o 19 de xuño de 2020
 Poden solicitala: en liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte enlace: Solicitude electrónica (É preciso dispor de certificado dixital o «Chave 365». ou presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:30.
 Para máis información, poden chamar á secretaría do centro e consultar o Portal da Consellería de educación aquí.

Enlace ao Diario Oficial de Galicia

domingo, 19 de abril de 2020

Alumnado con materias pendentes de 1º ESO

Na plataforma Edmodo hai crEado un grupo para os alumnos que teñades a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO suspensa DE CURSOS ANTERIORES, aquí tedes o código de acceso da clase: jnebu7.
‌A través da plataforma ou do correo electrónico rose.cprfeijoozorelle@gmail.com comentaremos o que sexa preciso para que deste xeito se poidan levar a cabo os obxectivos da aprendizaxe. 
Ánimo! 



lunes, 16 de marzo de 2020

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía aviso a 1º ESO

A situación de emerxencia debido a pandemia do coronavirus leva a tomar medidas especiais para o seguemento e traballo escolar dende a casa.

O alumnado de 1º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía do colexio Padre Feijoo Zorelle seguirá as actividades e explicacións correspondentes a este periodo de estudio na casa a través da plataforma Edmodo dirixidos pola la profesora da materia de bioloxía e xeoloxía de 1º da ESO, Dona Rosa Mª Pérez Labrador e poderán contactar directamente con ela para calquera aclaración no seguinte e-mail:    rose.cprfeijoozorelle@gmail.com

Moitas grazas e moita saúde para tod@s