miércoles, 27 de enero de 2016

III Concurso "Apúntate unha idea"

O Concello de Ourense a través da Concellería de Sanidade convoca a III Edición do Concurso "Apúntate unha idea" ca intención de desmontar o consumo de alcohol e deixar as presións sociais que levan os adolescentes ao seu consumo, está dirixido a todos os alumnos da ESO.
Coma nas outras edicións hai posibilidade de participar en varias categorías independentes: SLOGAN, MICRORRELATO, IMAXE, e como novidade un CLIPTOMETRAXE.

BASES E INFORMACIÓN



Dende o Departamento de Ciencias Naturais os profesores/as facilitarán os trípticos para poder participar e poder gañar  smarphones, tablets e outros premios por cada categoría. 
Lembrade os estupendos premios que conseguiron Víctor, Adrián e Iván gañadores na categoría slogan nos anteriores concursos, e o calendario escolar editados con debuxos e microrrelatos dos mellores traballos (seis de alumnos do colexio) , que eso sexa un estímulo para animarvos a todos a concursar! Podes ser ti o premiado!
Ánimo e a participar!

jueves, 14 de enero de 2016

Dende a Antártida ao Padre Feijóo en videoconferencia!


A Campaña Antártica española, ten un marcado carácter científico-militar e desenvólvese na Base Antártica Española "Gabriel de Castilla" na Illa Decepción, a 13.000 Km de España.
Dentro desta campaña desenvólvense actividades educativas cos centros escolares que envíen a solicitudes e sexan aceptadas.
A actividade militar nesta Campaña ten coma obxectivo proporcionar aos científicos (españoles e extranxeiros) o apoio loxístico, de seguridade, comunicacións, desprazamentos preciso para a súa labor de investigación na Antártida.
As investigacións científicas son sobre medio ambiente, biodiversidade, bioloxía mariña, xeoloxía, climatoloxía ou sanidade, e os resultados e conclusións obtidos son de gran interese para a comunidade científica española e mundial e para o resto da sociedade unha vez que se desenvolvan as conclusións.
 O próximo 21 de xaneiro ás 12 horas teremos unha videoconferencia ca Antártida, para grupos de alumnos de ESO e BAC do colexio. Aproximadamente un aforo de 80 alumnos, que poderán comunicarse en directo con membros do equipo militar e de investigación presentes na Illa Decepción no continente xeado e hostil da Antártida.
 O primeiro contacto terémolo o mércores día 20 de xaneiro as 13:30 a modo de proba técnica, dende a sala de usos múltiples probaremos vía skype a conexión, os primeiros en contactar ca Antártida serán dous alumnos voluntarios de 1º Bac e a profesora de bioloxía.
É importante consultar o diario de operacións  para poder entender a labor  que están a realizar científicos e militares e plantexar dúbidas no momento da videoconferencia.
Aproveitemos esta oportunidade de viaxar e aprender dende a aula á Antartida!