Mostrando entradas con la etiqueta 4ºESO COVID19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4ºESO COVID19. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de junio de 2020

ÚLTIMA SESIÓN 3ºESO, 4ºESO e 1º BAC

SEMANA XII
ÚLTIMA SESIÓN
Dende o 16 de marzo que non voltamos ao colexio, estes meses tivemos clases telemáticas que supuxeron un esforzo de todos nós, familias, profesorado e alumnado co fin de adaptarnos a este ensino non presencial.
As calificacións na materia de Bioloxía e Xeoloxía serán a media aritmética das 1ª e 2ª avaliacións e tendo en conta o traballo telemático de xeito positivo de terse levado a cabo neste terceiro trimestre.

  • O alumnado que suspenda a materia na convocatoria ordinaria, terá que facer un exame presencial a primeiros de setembro só dos contidos da 1ª e 2ª avaliación, que foron tratados e avaliados de xeito presencial neste curso 2019- 2020 tan extraordinario.

Meus mellores desexos dun feliz verano para alumnado e familias! 
Bó verán!


martes, 16 de junio de 2020

Valoración con test online 4ºESO SESIÓN 35

SEMANA XIII
Sesión 35
Nesta sesión podedes facer un breve test para valorar a situación escolar que levamos a cabo dende o 16 de marzo ata o 19 de xuño. Unha situación que tivemos que afrontar alumnado, profesorado e familias, con esforzo e adaptándonos ao estado de alarma pola  COVID19.
                          TEST ONLINE

lunes, 15 de junio de 2020

Repasanso a organización dos seres vivos 4ºESO SESIÓN 33

SEMANA XIII
Sesión 33
Hoxe comezamos a última semana do curso, repasaremos xogando con actividades feitas polo alumnado empregando Educaplay,con este relaciona repasamos conceptos básicos:

miércoles, 10 de junio de 2020

martes, 9 de junio de 2020

Dinámica de ecosistemas 4º ESO SESIÓN 31

SEMANA XII
Sesión 31
Actividade de autoavaliación interactiva sobre a dinámica dos ecosistemas, canto sabes?
Xoga e aprende! 


lunes, 8 de junio de 2020

SEMANA XII TITORÍA

Comenzamos a doceava semana de ensino telemático, unha experiencia insólita que temos que afrontar con ánimo e resiliencia.
A pandemia por COVID 19 que asolou e asola ao planeta, obrigounos a coidarnos e cambiar as nosas costumbres, ainda que a situación mellorou debemos ser responsables e mantér as normas básicas recomendadas para toda a poboación:

  • Medidas de hixiene
  • Distancia social
  • Máscara

Déixovos este vídeo cunha fermosa canción e cuxo visionado ten fins solidarios, que nos anima a seguir loitando polos nosos soños e proxectos con responsabilidade e valentía porque o mundo non se acaba!



"...Que no se acabe el mundo,
que aún quedamos gente para darle vida...
Bendita sea la tierra ,
yo no tengo ganas de una despedida...
queda mucho amor,
queda mucha fe,
el mundo no se acaba..."

Probas evolutivas 4º ESO SESIÓN 31

SEMANA XII
Sesión 31
Realiza as seguintes ctividades interactivas para afianzar o aprendido sobre as probas evolutivas e a evolución.
ÓRGANOS HOMÓLOGOS E ANÁLOGOS
FIJISMO E EVOLUCIONISMO

miércoles, 3 de junio de 2020

Probas da Evolución 4ºESO SESIÓN 30

SEMANA XI
Sesión 30
A existencia da evolución está demostrada cas probas evolutivas coma: Os parecidos anatómicos, embriolóxicos, moleculares, fósiles...
No seguinte vídeo atoparás unha explicación as evidencias evolutivas para completar a teoría das páxinas 180 e 181 do libro.


ACTIVIDADES: CUESTIÓNS 42 E 43 DA PÁXINA 190 DO LIBRO 

martes, 2 de junio de 2020

O Darwinismo 4ºESO SESIÓN 29

SEMANA XI
Sesión 29
Darwin considérase o pai das teorías Evolutivas, as ideas de darwin recolleunas no seu libro: A orixe das especies.
Neste vídeo podedes ver a explicación ao Darwinismo e no libro de texto na páxina 176.


ACTIVIDADES: 14 E 15 DA PÁXINA 176 DO LIBRO

lunes, 1 de junio de 2020

O Lamarkismo 4ºESO Sesión 28

SEMANA XI
Sesión 28
O Lamarkismo é a primeira Th. Evolucionista, e para coñecer as súas principais ideas atendede a este vídeo e consultade o libro na páxina 175.


ACTIVIDADES: 10, 11, 12 E 13 DA PÁXINA 175

miércoles, 27 de mayo de 2020

Evolución 4º ESO SESIÓN 27

SEMANA X
Sesión 27
Nesta sesión teremos unha clase online para estudiar as ideas básicas das principais Teoría evolutivas.
mércores 27 de maio as 11 horas Unidade 9

martes, 26 de mayo de 2020

"DOS TEMPOS DOS MEUS AVÓS" construíndo unha árbore xenealóxica 4º ESO SESIÓN 26

SEMANA X
Sesión 26
Como vimos traballando en diferentes materias un proxecto multidisciplinar chamado "Dos tempos dos meus avós" propóñovos unha actividade para falar en familia en construir unha árbore xenealóxica estudando un carácter transmitido de xeración en xeración.

  • Elixe un carácter (a cor dos ollos escuros e claros, a estatura, os dedos largos ou cortos, o daltonismo,...) e elabora a ábore da túa familia, pregunta aos teus pais, avós, polo rasgo que vas a representar e xenera a árbore xenealóxica da túa familia canta máis información obteñas mellor!


lunes, 25 de mayo de 2020

Actividades do código xenético 4º ESO Sesión 25

SEMANA X
Sesión 25
Hoxe ides practicar cas cuestións 55, 56, 57 e 58 do libro da páxina 167.
Neste enlace están as solucións pero intentade facelas primeiro, hai algunha de pensar un pouco.
SOLUCIONARIO CUESTIÓNS 55, 56, 57 E 58.

miércoles, 20 de mayo de 2020

Información xenética 4º ESO SESIÓN 24

SEMANA X
Sesión 24
Clase online ás 11 horas mércores 20 de maio, para repasar principais conceptos da unidade 8 sobre Información xenética.
VÍDEO DA CLASE:


martes, 19 de mayo de 2020

Actividades dos ácidos nucleicos 4ºESO SESIÓN 23

SEMANA IX
Sesión 23
Na páxina 166 do libro temos as actividades finais da unidade hoxe faredes 42, 43 e 44 para comprobar os coñecementos básicos sobre o ADN e o ARN.


SOLUCIÓNS ACTIVIDADES 42, 43 E 44 UNIDADE 8

lunes, 18 de mayo de 2020

As mutacións 4ºESO SESIÓN 22

SEMANA IX
Sesión 22
As mutacións son cambios no ADN a diferentes niveis, na páxina 156. Leer de xeito comprensivo os tipos de mutacións e contestar as cuestións 20,21 e 22 da páxina 156  e as enviades ao correo.

miércoles, 13 de mayo de 2020

Actividades do código xenético 4ºESO SESIÓN 21

VIII SEMANA
Sesión 21
Na sesión de hoxe practicaredes exercicios do código xenético actividade 56 e 57 da páxina 167.


martes, 12 de mayo de 2020

Aplicando o código xenético 4ºESO SESIÓN 20

VIII SEMANA
Sesión 20
Nesta sesión ides facer o exercicio 17 do libro da páxina 150, antes mira o vídeo que repasa o concepto de replicación, transcripción e tradución.


lunes, 11 de mayo de 2020

Repaso de problema de dous xenes 4ºESO SESIÓN 19

VIII SEMANA
Sesión 19
Nesta sesión repasaredes un problema de dous xenes, intentaredes facelo SIN MIRAR O VÍDEO ATA REMATAR e despois comprobades a solución e explicación do vídeo, xa me enviades as dúbidas ou me confirmades se o entendedes.

PROBLEMA:
  • Dúas condicións herdables no home, as cataratas e a fraxilidade dos ósos, son debidas a alelos dominantes. Un home con cataratas e ósos fráxiles, cuxo pai tiña ollos e ósos normais, casou cunha muller sen cataratas e ósos fráxiles, cuxo pai tiña ósos normais. Indique: a) os xenotipos dos proxenitores; b) as proporcións xenotípicas e fenotípicas da súa descendencia.


SOLUCIÓN E EXPLICACIÓN:


miércoles, 6 de mayo de 2020

A expresión xénica 4ºESO SESIÓN 18

VII SEMANA
Sesión 18
Na clase de hoxe 6 de maio as 11h explicaremos: 

  • A expresión xénica 
  • O código xenético.
  • VÍDEO DA CLASE: