Mostrando entradas con la etiqueta TITORÍA 4º ESO A. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TITORÍA 4º ESO A. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2020

SEMANA XII TITORÍA

Comenzamos a doceava semana de ensino telemático, unha experiencia insólita que temos que afrontar con ánimo e resiliencia.
A pandemia por COVID 19 que asolou e asola ao planeta, obrigounos a coidarnos e cambiar as nosas costumbres, ainda que a situación mellorou debemos ser responsables e mantér as normas básicas recomendadas para toda a poboación:

  • Medidas de hixiene
  • Distancia social
  • Máscara

Déixovos este vídeo cunha fermosa canción e cuxo visionado ten fins solidarios, que nos anima a seguir loitando polos nosos soños e proxectos con responsabilidade e valentía porque o mundo non se acaba!



"...Que no se acabe el mundo,
que aún quedamos gente para darle vida...
Bendita sea la tierra ,
yo no tengo ganas de una despedida...
queda mucho amor,
queda mucha fe,
el mundo no se acaba..."

lunes, 1 de junio de 2020

XI Semana de confinamento TITORÍA 4º ESO A

SEMANA XI
Hoxe comezamos o mes de xuño e ainda que na distancia seguemos en contacto, o curso está chegando ao seu fin. 
A pesar das condicións tan tan extraordinarias que vivimos no curso 2019- 2020, a aprendizaxe continua e pronto chegará o día 19 de xuño, no que remata o curso. Lembrarvos que as calificacións tamén as poderedes consultar a través da aplicación Abalar ou solicitándoas ao correo, pero debedes esperar a sesión de avaliación final, xa vos avisarei cando estén publicadas, e tamén o faremos na web e redes sociais do colexio.
As veces parécenos un sono extrano pensar tivemos que estar nas casas sen saír preto de dous meses, e ainda que agora comezamos a pasar de fases e voltamos a intentar recuperar a vida dentro da ¨normalidade¨, debemos seguir cas medidas de prevención sanitarias sempre!.  
Todo isto fainos sentir extranos e debemos facer un esforzo todos por axudarnos, na casa, cos amigos, co teletraballo e intentar normalizar todo o que podamos a nosa realidade.
 Debemos asumir de xeito responsable a situación na que estamos e na que teremos que vivir a partir de agora!

Lembrarvos a recollida de libros de préstamo que será pola tarde o xoves
DÍA 25 de XUÑO- 4º ESO de 16h a 18 h no hall do colexio
(IMPORTANTE: Cada curso respetará o día de entrega para evitar acceso de moita xente ao colexio)

lunes, 25 de mayo de 2020

X Semana de confinamento Titoría 4º ESO A

SEMANA X

Nesta sesión de titoría comparto a guía de estudios superiores da Voz de Galicia que enviou, Ángeles, a nosa orientadora: GUÍA ESTUDIOS SUPERIORES

No blog do Departamento de Orientación podedes consultar e atopar asesoramento as vosas dúbidas, así coma no correo electrónico da titora e a orientadora.
Compártovos o documento guía cas adaptacións as programacións e co desnvolvemento do terceriro trimestre: Aquí

lunes, 18 de mayo de 2020

IX SEMANA de confinamento TITORÍA

IX SEMANA
Nesta sesión de titoría falaremos da importancia do traballo en equipo, cada un pode aportar algo e o resultado sempre será mellor! Neste vídeo tendes en menos de dous minutos un exemplo moi claro da importancia do grupo, a colaboración e o equipo.


lunes, 11 de mayo de 2020

VIII Semana de confinamento Titoría

VIII SEMANA
Querid@s alumn@s,
este un curso tomaredes decicións de futuro a maioría para cursar bacharelato e seguir cos estudios superiores, para todos déixovos este vídeo no que podedes reflexionar sobre todas as posibilidades de éxito que podedes chegar a desenvolver se o intentades:


Hai moitas posibilidades! Aprovéita todas!

lunes, 4 de mayo de 2020

7ª Semana de confinamento TITORÍA

VII SEMANA

Queridos alumn@s,
esta semana pasada  estiven chamando as vosas familias para saudarvos a todos e animar a aqueles alumnos que precisaban retomar o seguemento online, coma sabedes podedes repasar, reforzar e/ou recuperar as avaliacións anteriores.
Xa só queda un mes e medio, o 19 de xuño é o último día lectivo. 
Oxalá aproveitedes o repaso telemático para superar todas as materias e non teñades que examinarvos na convocatoria extraordinaria.
Moitos de vos estaredes pensando no curso que ven, e o mellor para orientarvos é que visitedes o enlace ao Departamento de Orientación: ORIENTANDO DENDE CASA 
Moitos ánimos que xa queda pouco, aproveitade a saír a pasear ou correr que xa é un alivio nesta situación de confinamento nas casas.
Unha aperta e lembrade sempre ser positivos e estar activos!

lunes, 27 de abril de 2020

6ª Semana de confinamento TITORÍA

SEXTA SEMANA
Hola a tod@s,
espero que o Festival do Libro vos axudara nestes días de confinamento a valorar a importancia da lectura e nestas semanas que non podemos saír da casa aproveitemos a viaxar cos libros.

Déixovos un vídeo sobre "O poder da actitude"para esta sesión de titoría para valorar a importancia da actitude positiva ante a vida e a importancia de vivir con ilusión e alegría!
VIVAMOS CON ALEGRÍA!!! SEXAMOS AMABLES!!! INTENTEMOS SER A MELLOR PERSOA QUE PODAMOS SER!!!



lunes, 20 de abril de 2020

5ª Semana de confinamento TITORÍA

Queridos alumn@s,
 seguimos nos nosos fogares, espero vos atopedes ben, comparto nesta sesión de titoría algúns consellos que espero nos podan axudar a afrontar estas circunstancias tan extraordinarias para tod@s. 

  1. Evitar o sedentarismo. Non convén estar sentado máis de dúas horas seguidas. Podemos aproveitar as actividades cotiás, como as tarefas domésticas ou falar por teléfono, para movernos. Tamén é posible facer actividade física en casa. 
  2. Seguir unha alimentación saudable e equilibrada. 
  3.  Aproveitar a tecnoloxía, usándoa con responsabilidade. Internet, os computadores, as tabletas ou os teléfonos móbiles son, nestes momentos, os nosos aliados para teletrabajar, estudar, comunicarnos e gozar do tempo de lecer. Cando usamos estes dispositivos, con todo, é importante seguir algunhas recomendacións: manter unha distancia adecuada entre os ollos e a pantalla, inclinar a pantalla lixeiramente cara atrás para evitar sombras e reflexos, parpadear a miúdo, apartar a mirada uns vinte segundos cada vinte minutos a unha distancia duns seis metros, e non utilizar os dispositivos móbiles durante as dúas horas previas a deitarse. 
  4.  Informarse e informar ben aos demais. Habemos de utilizar canles de información oficiais ou contrastados. Se usamos as redes sociais, temos que contrastar a información que se comparte. Debemos evitar esparexer rumores e informacións que non sexan fiables. A comunicación debe ser serena e acougada: o estado emocional contáxiase aos demais. 
  5.  Coidarse e protexerse. Debemos seguir as recomendacións e as medidas de prevención que determinen as autoridades sanitarias. utilizar o Ter unha actitude positiva é fundamental. Convén recoñecer os propios sentimentos, aceptalos e, se é necesario, compartilos coas persoas máis próximas.
  6. Organizarse na casa. É recomendable seguir unhas rutinas diarias: iso axudará a manter unha orde e pode favorecer a sensación de normalidade. Convén acordar unha distribución das tarefas, así como da loxística doméstica durante o período de confinamento (por exemplo, quen fai as compras e cando, o coidado dos familiares, dispoñer de espazos illados, etc.). No caso de que teletraballemos, é aconsellable establecer un espazo adecuado e un horario adaptado ás circunstancias, tendo en conta tamén os tempos de descanso.
  7.  Estar conectados coa nosa xente. Que non podamos visitar a familiares e amigos non quere dicir que non podamos estar en contacto con eles. Chamarlles, enviar mensaxes ou facer videoconferencias é unha posibilidade. Agora máis que nunca, debemos apoiar á xente máis vulnerable e ser solidarios. 
  8.  Relaxarse e distraerse. É necesario aceptar que hai circunstancias que non se poden controlar nin prever. Cada un ten a súa propia resposta emocional ante unha situación excepcional como esta: é necesario ser empáticos e evitar os prexuízos. Este pode ser un momento para gozar do tempo libre e da gran oferta de lecer en liña e gratuíto que hai dispoñible. 
  9.  Considerar a parte positiva. É momento de parar e reflexionar. Podemos aproveitar a ocasión para pensar, imaxinar, crear e escribir. Lembremos que esta é unha situación transitoria e que, unha vez pasase, todo o mundo pode aprender cousas importantes.
Unha aperta!!!

miércoles, 15 de abril de 2020

4ª semana de confinamento- Titoría

Ola a tod@s,
espero sigades ben, xa pasaron as vacacións de Semana Santa e vemos como se prolonga o confinamento na casa. 
É importante que aproveitemos para conversar, xogar, ler, facer exercicio e non desconectar da aprendizaxe. Todos debemos adaptarnos a esta situación con resiliencia!
Neste vídeo as compañeiras de 1º BAC nos dan consellos con alegría para afrontar esta crise da COVID19 na casa:


Unha aperta!!!!

lunes, 30 de marzo de 2020

3ª Semana de confinamento- Titoría

Ola a tod@s,
 espero sigades ben, como sabedes a segunda avaliación se fixo co rexistro de actividades e controis ata o 13 de marzo, as notas póndense consultar pola aplicación ABALAR móvil ou chamando ao colexio o por correo electrónico do cole ou ao meu por ser a titora. 
 Accede a info da web do cole: NOVIDADES 2ª AVALIACIÓN 


 O venres 3 de abril remata o 2º trimestre e comezan as vacacións de Semana Santa, tal e como se contempla no actual calendario escolar. A actividade retomaráse o martes, 14 de abril. En canto recibamos instrucións, informarémosvos sobre a organización da actividade lectiva ao longo do 3º trimestre.
 Aproveito esta mensaxe para darvos a grazas a todos: alumnos, familias e profesores polo esforzo, compromiso, paciencia e agarimo que estades a amosar durante esta situación tan complicada. Teño moitísimas ganas de volver a vervos! Namentres, recibide unha forte aperta.

lunes, 23 de marzo de 2020

2ª Semana de confinamento- Titoría

Querid@s alumn@s, esta segunda semana pareceu mellor gravar unha mensaxe de ánimo para tod@s e expresarvos como penso debemos afrontar esta situación, con todo cariño, desexando vernos pronto nas aulas!



Unha aperta!!!

lunes, 16 de marzo de 2020

1ª Semana de confinamento- Titoría

Querid@s alumn@s,
ante esta situación extraordinaria de confinamiento na casa, o colexio na web publicou un comunicado ás familias que podedes ler neste enlace: 


Coma vosa titora informarmos de que teremos que adaptarnos a esta nova situación escolar tanto alumnado coma profesorado e seguir as directrices que nos vaian marcando.
Decirvos que comencedes pouco a pouco a facer un seguemento das materias a través dos blogs dos profesores, aquí tendes o enlace aos blogs e os correos, lembrade que en física e química traballades con Edmodo.


Déixovos este vídeo dun minuto para reflexionar sobre cómo debemos afrontar as cousas asumilas e continuar vendo e buscando o la do positivo da vida.

Se precisades axuda só tendes que decirmo por correo electrónico, moito ánimo e desexarvos moita saúde para vos e as vosas familias!
Unha aperta!