
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou este ano 2013 como o "Ano Internacional da Quinua", en recoñecemento das prácticas ancestrais dos pobos andinos, que preservaron a quinua como alimento para xeracións presentes e futuras.
Tamén, o 2013 foi declarado "Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga" pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co obxectivo de dar a coñecer o potencial que implicaría un aumento da cooperación na xestión dos recursos hídricos, debido o aumento da demanda de acceso, asignación e os servizos dos recursos hídricos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario