domingo, 20 de octubre de 2013

Concurso de presentacións: " Ciencia Activa "


"Ciencia Activa" é un proxecto no que os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC participaredes na elaboración dunha presentación en google drive ou power point, sobre un tema elexido por vos relacionado ca Bioloxía e Xeoloxía.

Os prazos de entrega das presentacións son:
  - 5 de decembro para os alumnos de 1ºBAC.
  -13 de xaneiro para os alumnos de 3º ESO e 4º ESO.
As enviades ao meu correo.

As presentacións califícanse como traballo práctico da materia. As mellores publicaranse neste Blog ou no Blog de Alumnos de 1ºBAC, ou na Web do Centro. E ca vosa autorización poden publicarse en Slideshare.
Importante: A elección libre dos temas remata este mes!
Como referencia podedes ver algunha das presentacións feitas no curso anterior:
Lembra: Pon o texto en galego, revisa a ortografía, portada, índice, concepto, tipos, orixe, causas, consecuencias, efectos, gráficos, vídeos..., conclusións ( número de diapositivas entre 10-15)

No hay comentarios:

Publicar un comentario