sábado, 21 de marzo de 2015

VIDEOCONFERENCIA: O monte é a nosa vida!

Con intención de conmemorar o 21 de marzo, Día Mundial forestal ou Día da árbore, os alumnos de 1º e 4º de secundaria tiveron a oportunidade de asistir nas aulas do colexio a unha videoconferencia emitida en directo dende o Cesga ou Centro de supercomputación de Galicia (Santiago de Compostela), sobre a importancia dos bosques e os montes na nosa vida. Nesta charla e posterior debate tratáronse temas como:
Por que son importantes os bosques?
CO2 e o cambio climático.
Os problemas da deforestación e dos incendios.
Celebración do Día da árbore.
A situación forestal de Galicia, especies máis comúns…

A charla foi impartida por dous técnicos de Confemadera Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A videoconferencia dividiuse en dúas partes,  primeiro unha media hora de ponencia e outra media hora para resolución de dúbidas que se formulaban dende os distintos centros escolares. Os alumnos do colexio tamén  participaron neste debate on-line, formulando cuestións nesta actividade,  interesante e innovadora!


Dende Confemadera Galicia, dentro do programa "o monte é a nosa vida" comparten a grabación da videoconferencia para que poda ser vista por todos os alumnos, grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario