Na primeira semana de xuño o colexio celebra a II Semana das Ciencias, na que aproveitamos para expór unha mostra dos traballos realizados en infantil, primaria, secundaria e 1º Bac.
Os alumn@s de ESO e bac mostrarán os traballos #ArtCienciaActiva e desenvolverán o proxecto "Novos profes- pequenos científicos" no que explican a escolares de infantil e primaria prácticas como:
- Aprender qué é unha pipeta e pipeteamos con refrescos!
- O ovo máxico que pode encoller e entrar na botella
- O ovo que aprende a nadar grazas aos polvos máxicos!
- Cómo inflar un globo sen soplar!
- Imitamos a erupción dun volcán!
- O noso popio espirómetro
- Algunhas mezclas non son doadas! e moitas máis...
No hay comentarios:
Publicar un comentario