A poboación mundial crece de xeito constante e para cubrir unha demanda tan grande de alimentos, os países teñen que adaptar os sistemas agrícolas e alimentarios á os efectos do cambio climático e facerse resilientes, productivos e sostibles.
O obxectivo mundial de lograr o Fame Cero fixouse para 2030: un obxectivo ambicioso e que non pode acadarse sen facer frente ao cambio climático!
O ano 2016, un ano para actuar!
Na Cume do Desenvolvemento Sostible da ONU en setembro do 2015, un total de 193 países comprometéronse a rematar ca fame no mundo nos próximos quince anos. O histórico Acordo de París sobre o Cambio Climático está listo para entrar en vigor, xusto a tempo para a próxima conferencia sobre o cambio climático, COP22, que terá lugar do 7 ao 18 de novembro de 2016 en Marrakech.
Cada un temos un papel que desempeñar para mitigar os efectos do cambio climático:
- Os países teñen que invertir nos pequenos agricultores e no aumento sostible da producción de alimentos.
- Sexamos consumidores conscientes e éticos.
- Desperdiciemos menos alimentos.
- Non desperdiciar auga
- Diversificar a nosa dieta
- Manter limpos solos e auga
- Eficiencia enerxética
- Almacenar alimentos de forma intelixente
- Xenerar menos basura
- Protexamos os bosques e aforremos papel
- Promovamos solucións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario