martes, 18 de abril de 2017

Teatro didáctico e interactivo: #1000likes!

Cartel de la obra de teatro #1000 likes#1000LIKES é un espectáculo de teatro participativo no que un actor e dúas actrices representan un caso de ciberacoso escolar. O obxectivo deste proxecto é que os espectadores participen nun debate para probar ideas e estratexias contra estas situacións.
Os alumnos de 3º de ESO asistiron no mes de abril no Auditorio a esta representación teatral onde de xeito interactivo cos seus móviles poideron interactuar e cas súas conversas solucionar a problemática que plasmaba a obra de teatro.
Os alumnos e alumnas do colexio xunto a estudiantes doutros centros disfrutaron dunha obra de teatro divertida pero ademáis moi didáctica, que os fixo reflexionar sobre as conductas nas redes e lles fixo traballar na empatía cos compañeiros. Así eles mesmos identificaron as conductas inapropiadas de cada persoaxe e poideron modificar diálogos e cambiar o desenlace da obra.







No hay comentarios:

Publicar un comentario