domingo, 22 de octubre de 2017

Planificando a 1ª Avaliación

Organiza o teu estudio!
É moi importante organizarnos antes das probas escritas! Despois do descanso estival costa un pouco volver a recuperar o ritmo de estudio do curso, non hai dúbida cunha boa planificación é esencial!

Lembrade exercitar o cerebro, leer, facer esquemas, estar atentos nas clases, plantexar dúbidas, investigar sobre temas interesantes coma novas científicas, facer actividades interactivas recomendadas pola profe para aprender xogando, ou deseñar as túas propias actividades, se tes gañas de aprender o cerebro actívase!

Dende a materia de bioloxía e xeoloxía axudareivos nesa planificación, lembrade:

1ª Avaliación
Primeiros controis mes de outubro (23 ao 27 de outubro)
Segundos controis mes de decembro (11 ao 15 de decembro) 
As probas escritas (70% da cualificación) de bioloxía e xeoloxía estarán distribuídas todo o curso deste xeito: 
3º ESO B/ 4º ESO A martes
3º ESO A/ 2º BAC CTerra mércores
1º BAC/ 2º BAC Bio venres

Traballos prácticos (30% da cualificación) elixe as túas participacións para cada avaliación:

#ArtCienciaActiva: Elaboración de maquetas biolóxicas.
Podcast: Selección de novas científicas e gravación para o canle de podcast do proxecto Ciencia Activa
Vídeos: Gravar novas cientificas para o canle de youtube e tv en streaming
Presentacións Ciencia Activa: Elabora a túa propia presentación en Power Point ou Google Drive.
Microrrelatos científicos para o V Festival do Libro
Aventuras Científicas: Teatro no V Festival do libro
Couch- Kids: Ser cibermanager de alumnos de primaria
Novos profes- pequenos científicos: Elexir prácticas sinxelas e explicarllas a alumnos de infantil e primaria.
Consulta o Blog de alumnos de ESO e verás mellor e que consiste cada actividade: Ciencia Activa ESO é!

Lembra o dito do célebre Einstein:
 A creatividade é a intelixencia divertíndose!

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario