Na madrugada do próximo domingo ao luns poderemos ver a lúa máis grande e brillante, será a única superlúa deste 2017.
A primeira lei de Kepler (ano 1609) determinou que os astros do sistema solar móvense trazando órbitas elípticas. No caso da Lúa, se a súa órbita ao redor da Terra fose circular a distancia sería sempre a mesma, pero ao seguir unha órbita elíptica, onde a Terra é un dos focos, a distancia varía desde os 356.400 quilómetros ( perigeo lunar) aos 406.700 quilómetros (apoxeo lunar). Estas distancias varían dunha lunación a outra.
A Lúa é o satélite do noso planeta e describe unha órbita elíptica ao redor da Terra, cando a distancia co planeta é a menor coñécese coma perigeo lunar. O próximo perigeo está a chegar o 4 de decembro deste 2017, poderemos ver a Lúa máis grande e brillante.
Os alumnos de 4º de ESO, Ángel, Ádrián e Íker o explican moi ben neste podcast:
No hay comentarios:
Publicar un comentario