domingo, 3 de junio de 2018

O azúcar escondido!

Resultado de imagen de glucosaCon motivo da IV Semana das Ciencias o alumnado de 4º de secundaria de Ciencia Activa, realizou unha actividade sobre o azúcar presente en diferentes produtos alimentarios. No laboratorio de Ciencias Naturais preparouse unha exposición dos diferentes alimentos cunha dose calculada do azúcar que conteñen, ademáis elaboraron un mural con fotos e as equivalencias de contido en azúcar para expór no hall. 
O luns día 4 de xuño darase a coñecer esta actividade. Adicarán varias sesións a explicar a outros compañeiros esta tarefa educativa:
 Canto azúcar tomas?
A exposición representa: chocolate, refrescos, galletas, tostadas, yogures, zumos, patatas... No seguinte audio a profesora de bioloxía da unhas pautas básicas antes de visitar a exposición ca clasificación e contido de azúcar. 
 Non deixes de escoitalo:

  A finalidade da actividade é mellorar hábitos alimentarios e calcular a dose de azúcar que inxerimos en exceso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario