domingo, 24 de febrero de 2019

A miña primera experiencia Erasmus+! Dublin, 24/ 02/ 2019- 02/ 03/ 2019

O Colexio Plurilingüe Padre Feijoo- Zorelle no presente curso 2018-2019, ven de pór en marcha un 2º proxecto Erasmus + K1 de mobilidade do profesorado, "Impulso á inclusión educativa a través da innovación, o plurilingüismo e a xestión eficaz", que supón unha continuación do 1º proxecto Erasmus + e que o dobra en número de mobilidades.
Dentro deste novo programa tiven a sorte de participar en Irlanda no seguinte curso: "Structured Educational Visit to School/ Institutes & Training Seminars " curso que combina de xeito eficiente visitas pedagóxicas a institucións educativas, seminarios e obradoiros. 

Este é o horario de traballo e visitas guiadas que tiven durante a miña estancia en Dublín organizado a través de English Matters S.L.
Moita actividade de formación e adquisición de experiencias e mellora de competencias coma a lingüistica, o meu primero reto: comunicarme en inglés co profeores de 16 países diferentes e entender e interactuar cos coordinadores e ponentes. Unha experiencia moi interesante, enriquecedora e unha realización persoal e profesional intensa.


Nesta miña primeira experiencia Erasmus+ compartín viaxe con María josé Novo a nosa profesora de música en primaria e experta mestra de infantil e coordinadora desta etapa, que asistiu a Dublín a un curso de inglés para profesorado vinculado ao plurilingüismo no colexio.

SÁBADO 23 DE FEBREIRO CHEGADA A DUBLÍN

O noso día de chegada foi o sábado pola tarde e despois de instaladas tivemos tempo para pasear por Dublín. Moi ilusionadas e a espera de comezar o curso o domingo pola tarde.
Sábado 23 paseo por Dublín recién chegadas

Sábado 23-02-2019, cenando xa en Dublín


DOMINGO 24 DE FEBREIRO COMEZA O CURSO

O domingo pola mañá poidemos visitar a "Trinity College University" un campus con fermosos edificios no centro de Dublín e entramos na biblioteca da Universidade cun encanto máis que especial, onde milleiros de libros agachan auténticas xoias da historia, a ciencia, o arte...e outras moitas disciplinas, un olor a papel e madeira indescriptible, unha estancia onde podería pasar horas lendo algún deses exemplares. Salvaguardados por esculturas de mecenas da biblioteca e célebres escritores e antiguos alumnos da Universidade. No mesmo edificio visitamos a exposición do "Libro de Kells" sobre o que se constrúe a historia e a cultura do pobo irlandés.


Biblioteca do Trinity College de Dublín



















No mesmo campus atopamos o Museo de Ciencia, un museo moderno cheo de actividades interactivas, no que disfrutamos participando das exposicións e interactuando nelas.


Museo Ciencia 24-2-19
Museo Ciencia 24-2-19



INICIO DO CURSO- 24 DE FEBREIRO DO 2019

Xa pola tarde o domingo 24 de febreiro deron comezo os nosos cursos Erasmus+ en Dublín, no "Spencer hotel" da cidade de Dublín moi preto do National College onde realizaríamos o resto das xornadas. 
As cinco da tarde comezamos o curso ca presentación, entrega do material e o primeiro contacto cos coordinadores dos cursos, un total de 96 profesores de 16 países diferentes e máis o país anfitrión.
Esa tarde os ponentes foron Eduardo Marín o coordinador e representante de English Matters xunto a Amaya, que nos acompañarían a moitas das actividades durante esa semana. O primeiro explicou a organización dos diferentes cursos e a segunda unha visión xeral do sistema educativo irlandés. Estes ponentes e coordinadores falaron en inglés e os entendiamos moi ben por non ser nativos irlandeses, isto deume confianza na primeira toma de contacto.
Durante esta mesma tarde un ponente irlandés. John Kennedy explicou a historia, tradicións e actividades culturais máis representativas de Irlanda, neste caso costoume máis seguir a súa explicación en inglés, pero axudounos o humor co que explivaba as características do deorte nacional ou tocaba un instrumento típico da música irlandesa.
Eduardo Marín coordinador do curso e John Kennedy


Amaya coordinadora en English Matters






Na primeira fila atentas ao ponente irlandés John Kennedy

Rematamos o noso primeiro día emocionadas, cas carpetas co material e horario para os seguintes días. A aventura Erasmus+ xa comezara!

Spencer Hotel inicio do curso 24-02-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario