Escritora, muller de ciencia e feminista: Concepción Arenal, unha galega universal!
Fai 200 anos nacía Concepción Arenal, unha muller que loitou para poder estudiar na Universidade, un exemplo de tesón e esforzo nunha época na que a muller non tiña acceso a cultura.
Foi pioneira en moitos aspectos da vida social e intelectual da muller. Grazas a mulleres valentes e intelixentes coma Concepción Arenal, facilitouse o camiño a todas as mulleres e dous séculos despois seguimos lembrado a importancia da súa vida e a súa obra.
Concepción Arenal conseguiu o recoñecemento público, como unha das máis grandes personalidades da investigación e lexislación penitenciaria. E tamén como unha pioneira da loita polos dereitos da muller. Naceu en Ferrol hai agora 200 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario