A partir desta semana do 11 de maio coma a materia de Ciencias Medioambientais non é avaliable nas ABAU, pero sí pondera coma nota de bacharelato, propoño o deseño de actividades prácticas para favorecer a cualificación da media obtida ata agora que serán publicadas no blog do alumnado da materia: PROXECTO CIENCIA ACTIVA. xa que todos sodes contribuíntes do blog do alumnado.
As actividades poden ser:
- Entradas no blog que quedan como borradores onde tamén podedes insertar outras actividades.
- Animacións "Un minuto de Ciencia"
- Vídeos
- Presentacións Google drive ou power point
- Actividades interactivas en Educaplay
- Infografías
- Murales interactivos
- Art Ciencia Activa
- Podcast
- Comentarios nas entradas do blog feitas por outros compañeiros que sexan evidencia da lectura e compresión do post.
No hay comentarios:
Publicar un comentario