1º BAC COVID19

3 de abril 

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)

Sesión 9

Sesión online mediante ZOOM as 12h, só tes que descargar Zoom no ordenador ou no móvil e acceder a sesión ca invitación que recibiredes no voso correo electrónico. 

  • Sesión de repaso "Tecidos", "Biodiversidade" e "Clasificación de seres vivos e Evolución" 
  • Organizar actividades coma o reto "Quédate en casa" ou "Festival do libro dixital"
  • Gravación da clase online en ZOOM:


SOLUCIÓNS DA SESIÓN 8:

  • TEST: 1c   2a   3b   4d   5b   6b   7d   8c   9a   10c
  • ENCADEADO:
31 de marzo 

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)

Sesión 8

  • Na sesión de hoxe imos repasar cun test de autoavaliación os tecidos, mañá publico as solucións, pero primeiro enviádeme as respostas.
  • Repasamos xogando: ACTIVIDADE INTERACTIVA
  • Repasando xogando: ENCADEADO





30 de marzo (dúas sesións)

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)

Sesión 7
Continuamos co estudio do tema da Evolución e a Clasificación dos seres vivos. coma na sesión anterior tiñades que ver os seis minutos e medio adicados as ideas básicas da Evolución, agora remataredes o vídeo explicativo fixándovos nos conceptos que aluden á clasificación dos seres vivos: 

Repasando:

  1. Cita algunha proba que demostre a Evolución?
  2. Que mecanismos xeran variabilidade xenética?
  3. Linneo defendeu o fixismo? Que quere dicir?
  4. Que é un taxón?
  5. Cita os taxóns de maior a menor.
  6. Cita os cinco reinos.
  7. A que reino pertencen os virus? Por que?

Sesión 8

Reto: 

  • Plantexamento da elaboración dun vídeo onde se describen brevemente as características dos virus e que é un coronavirus así como lembrar as medidas e a actitude para afrontar esta situación, co fin de compartir e animar a toda a comunidade educativa nesta situación de emerxencia que estamos a vivir.
  • Correo grupal enviado ao alumnado de 1º BAC e convocatoria reunión ZOOM para concretar cómo facer.
  • Decisións tomadas:
  1. Música elexida por votación: Quédate en casa.
  2. O alumnado elexirá coreografías e votarán para seleccionar e informar á profesora da elexida.
  3. A profe nunha sesión comentará teoría sobre virus, que o alumnado incluirá no vídeo.
  4. Grabación durante esta semana e envío á profe para montaxe do vídeo, incluíndo baile individual dende a casa. Ou foto dos alumnos ou familiares con mensaxes escritos en folios ou cartulinas.

27 de marzo

 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)


Sesión 7

  • CONCEPTOS PREVIOS: Empezamos a sesión pondo en común as ideas previas ao tema que tendes algún dos alumnos. Por exemplo neste audio escoitamos que conceptos previos nos conta Valeria Zapata. O resto dos estudiantes os enviástedes por escrito, parabéns porque a maioría das vosas ideas son correctas, outras divertidas e as correxiremos e comentaremos nesta sesión.



  • IMPORTANTE: EXPLICACIÓN XERAL DA UNIDADE CUN VÍDEO DA PROFE:

 Empezamos cunha explicación das ideas básicas da lección que son as que teredes que saber, a través do seguinte vídeo explicado pola profe e subido ao canle de youtube do Proxecto Ciencia Activa:



  • TAREFA: Nesta sesión imos comezar co visionado e estudio das ideas descritas ata o minuto 6: 29 que é o tempo adicado a importancia da Evolución.


24 de marzo



 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)



Sesión 6


  • Xa temos rematado os temas da Biodiversidade e os Tecidos. Vai repasando.

Nesta sesión imos comezar cunha introdución ao Tema da Evolución e clasificación dos seres vivos.
Para comezar primeiro que ideas tendes xa sobre o tema...na páxina 205 temos unhas cuestións sobre as vosas ideas previas da lección que vades a contestar e podedes elexir: nun audio que podedes gravar no voso móvil ou en Audacity e mandarmo ou se preferides escritas. 





23 de marzo



 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)



Sesión 4 e Sesión 5  correspondentes ao luns (Poremos sempre un reto na segunda sesión💪)



Sesión 4


  • Rematamos o tema da Biodiversidade estudando o porqué España é o país Europeo de máis biodiversidade, para esto lembrade que xa vimos un documental na sesión 3 da primeira semana e traballástedes unhas cuestións ao respecto, agora só leedes esta pregunta páx. 196 e facedes un esquema cas características que fan a España especial para a existencia de especies endémicas e de tanta riqueza específica en xeral 
  • Ollo!  Un esquema, non un resumo!




  • Unha vez feito o esquema, rematamos a sesión ca seguinte actividade da páxina 197.


Calquer dúbida xa sabedes ao correo ou no blog, e os exercicios podedes envialos ao correo. #SenExcusas #EstudioNaCasa 

Sesión 5

RETO: 
  • Con respecto a este tema da Biodiversidade...Busca un ser vivo na túa casa (non valen persoas) e mándame unha foto ao correo, o compartiremos por instagram de Ciencia Activa. #Biodiversidadenacasa


18 de marzo 
*Nesta primeira semana son tres sesións correspondentes a dúas do luns e unha do martes no horario de 1º BAC



Sesión 3



 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a PRIMEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)

  • Continuamos co tema da Biodiversidade e nesta sesión realizamos o visionado deste vídeo para poder responder as seguintes cuestións: (aproximadamente nos primeiros 15´ poderás responder as 12 primeiras cuestións, e nos 13´restantes as outras oito cuestións)

  1. Cita cinco servicios que ofrece a biodiversidade.
  2. Cantas especies hai descritas.
  3. Cantas especies se coñecen ben?
  4. Funcións da biodiversidade nos ecosistemas naturais.
  5. Cal era a frecuencia natural de extinción de especies segundo o rexistro fósil?
  6. Cal é a frecuencia de extinción anual hoxe en día?
  7. A perda de biodiversidad afecta á seguridade necesaria para ...
  8. Por que la biodiversidad é cultura para o ser humano?
  9. En qué ano creou a Unión Europea a RED NATURA?
  10. En el bosque caducifolio del Norte de España que especie animal está protexida polo que escasea?
  11. Que condiciones o datos convierten a España no país con más diversidad de toda a Unión europea?
  12. Que tipo de bosque repoboado existe na eserra da Culebra en Zamora?
  13. España pertence a región bioxeográfica máis extensa do planeta a rexión Paleártica, que tres biorexións existen ao mesmo tempo en España?
  14. Galicia a que área pertence?
  15. Que porcetaxe ocupa a rexión mediterránea? cales son ás árbores representativas?
  16. Cita seis especies animais representativas da Península Ibérica.
  17.  Pon exemplo de dúas cadeas tróficas que se citan do minuto 20 en adiante.
  18. Importancia e función dos Humedais en España
  19. Papel dos ecosistemas (minuto 25´ aproximadamente)
  20. O coñecemento científico e o desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica que favoreceu no ser humano?
 *Continuaremos cas sesións o luns da próxima semana axustándonos ao horario.
 *Calquer dúbida xa sabedes ao correo ou no blog, e os exercicios podedes envialos ao correo. #SenExcusas #EstudioNaCasa 

17 de marzo



 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a PRIMEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)



Sesión 2



Nesta sesión repasaremos os tecidos animais e vexetais para iso vos propoño estas actividades test para que vos sexa mais ameno, xoga e repasa!:




















  • ACTIVIDADE INTERACTIVA TECIDO VEXETAL  
  •             



    Podes comentar no blog os puntos obtidos e as dificultades

    Continuaremos co tema de biodiversidade na seguinte sesión e lembrade mandarme foto cas actividades de biomas (sesión 1) feitas na libreta ao correo.

    16 de marzo



     Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a PRIMEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

    (Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)



    Sesión 1


    • Lembrade que tedes que ter estudiados os tecidos animais e vexetais.
    • Seguimos explicando o tema da biodiversidade e diversidade natural e facendo cuestións. Agora estudiaremos OS BIOMAS páxinas 192, 193, 194 e 195. Escoita o audio:

    • Exercicios 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23 e 24 das páxinas 192-195.
    • Unha vez realizados mandademe foto ao correo. Gracias e #SenExcusas

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario