viernes, 6 de diciembre de 2013

Organiza o teu estudio!

1ª Avaliación
Lembrade que as probas escritas (2º controis) da 1ª Avaliación son:
3º ESO A y B o luns día 9 decembro (Tema 3 e do 4 o aparello dixestivo e respiratorio). Recuperación do primer control temas 1 e 2.
4º ESO A o luns día 9 (Xenética). Recuperación temas 1 e 2.
4º ESO B o venres día 13 (Xenética). Recuperación temas 1 e 2.
1º BAC o luns día 9 ( Composición química da materia e Tecidos Animais e Vexetais)
2º BAC o luns día 9 ( Auga, glúcidos, lípidos, proteinas, ácidos nucleicos, células procariota, eucariota, membrana, citplasma e núcleo)
Xa sabedes que reviso as libretas e os traballos , que xunto a actitude e comportamento son o 30% da cualificación.
O día 10 de xaneiro do 2014 será a recuperación da 1ª avaliación para os alumnos que non aproben.
Ánimo se traballas é moi doado aprobar!

martes, 3 de diciembre de 2013

A Dixestión e a Respiración.


Para repasar os conceptos básicos dos procesos dixestivo e respiratorio, así como as partes dos aparellos, déixovos estas leccións animadas que os axudará especialmente aos alumnos de 3º da ESO que tendes que estudiar a dixestión e a respiración para a próxima proba escrita.

domingo, 1 de diciembre de 2013

Día Mundial da SIDA

Hoxe 1 de decembro celébrase o día Mundial do SIDA, unha enfermidade do sistema inmunitario que é causada por un virus, o VIH. Esta enfermidade é unha pandemia, e de momento non se coñece unha cura, aínda que se sabe que a medida máis efectiva para combatila é a prevención. 
Déixovos un enlace á páxina do Ministerio de Sanidade, onde atoparedes información fiable sobre a SIDA e a súa prevención!                   ( Fai click sobre a imaxe)

sábado, 23 de noviembre de 2013

Visita á Aula da Natureza de Oira

Alumnos de secundaria de 3º e 4º de ESO asistiron a unha charla sobre os lobos, para coñecer as súas características, a historia e presencia desta especie na Península Ibérica e nos montes galegos en particular. Máis información neste enlace:  Canis lupus. 
Podedes lembrar a charla nesta secuencia de fotos.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

A circulación sanguínea

Para repasar as ideas esenciais do aparello circulatorio déixovos esta animación que o explica con claridade dun xeito sinxelo. Antes de ver o tema 4 de 3º ESO é bó un lembrar conceptos básicos de cursos anteriores.

 ( Fai clic na imaxe )


jueves, 7 de noviembre de 2013

O castiñeiro e a castaña

O clima de Galicia templado e húmido, é moi favorable para o desenvolvemento do castiñeiro CASTANEA SATIVA . A maioría dos soutos de España encóntranse en Galicia e na zona noroeste.

castiñeiro, pode alcanzar os 35 m. de altura, formando copas grandes e redondeadas e troncos grosos que poden chegar a ter diámetros considerables. Ten follas lanceoladas con bordes aserrados, caedizas no outono. Os seus froitos, as castañas, aparecen protexidas dentro dun envoltorio duro e cuberto de espiñas, chamado ourizo.

A importancia da castaña en Galicia ponse de manifesto no outono, coa recollida do froito, cando se celebran por todo o país os tradicionais magostos, reunións de veciños, familiares e amigos á calor do lume para degustar as castañas asadas



Tarefa de investigación:

 1. Buscade os nutrientes que se atopan na castaña e os beneficios de incluilas na dieta.


2. Infómate sobre a comercialización das castañas e os seus derivados en Galicia.


3. Enumera beneficios do bosque caducifolio galego 
.

domingo, 3 de noviembre de 2013

Eclipse de Sol!

O eclipse de Sol que tivo lugar hoxe, apreciouse mais en Canarias que no resto de España. Aínda que foi en África onde se observou mellor, por iso desprazáronse a Kenia, astrónomos españoles para retrasmitilo.
 A Lúa situouse entre o Sol e a Terra, e por uns instantes desapareceu a luz solar!