A exposición da Obra Social ”a Caixa”:
O Ártico rompe, ten por obxecto mostrar a singularidade dos ecosistemas do Polo norte, detallando o importante papel que xogan no clima global, así como as súas características físicas e a súa biodiversidade. E todo iso, a través dun centenar de impactantes fotografías dun dos máis prestixiosos fotógrafos de natureza, Andoni Canela. As instantáneas deste vasto, inhóspito e impresionante territorio, realizadas expresamente para a mostra, permiten aos visitantes percorrer os 200 metros cadrados que ocupa a exposición.
O alumnado de 4º da ESO disfrutou este luns día 5 de novembro dunha visita guiada polo Ártico! Aprendendo curiosidades e características destes ecosistemas do polo Norte e dos seus habitantes.
A exposición preséntase dividida en catro ámbitos:
- O clima ártico
- A vida nunha situación extrema
- A pegada humana
- As luces do norte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario