O alumnado de 4º da ESO A e a súa titora comprométense no coidado do medioambiente, cun xesto tan sinxelo coma a recollida selectiva de papeis e cartóns.
Na sesión de titoría do día 22 de outubro forraron unha caixa con papel de charol e fixeron unhas letras de goma eva, para nela tirar os papeis.
Moi importante:
Papeis sen engurrar!
O coidado do medioambiente é necesario, os bosques, as árbores e plantas... son os pulmóns do noso planeta.
Como podemos aportar un pequeno gran de area dende a aula? Pois é doado, os papeis que xa empregamos e non necesitamos os recollemos porque pódense reciclar!
KHADY pega o papel na caixa! |
SANDRA recorta as letras |
CLARA E ADRI cortan e encolan letras |
SHAKIRA recorta! |
VALERIA e KHADY rematan a nova papeleira! |
NON TE PERDAS ALGÚNS CONSELLOS PARA COIDAR O MEDIOAMBIENTE, A A IMPORTANCIA DE APROVEITAR OS PAPEIS E CARTÓNS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario