martes, 12 de noviembre de 2019

Lembrando a Margarita Salas a principal científica española do século XX!

Falece aos 80 anos a científica asturiana Margarita Salas, un auténtico referente da ciencia, autora dunha patente trascendental para a ciencia como é a caracterización do ADN polimerasa do fago Φ29, que ten múltiples aplicacións biotecnolóxicas debido a súa altísima capacidade de amplificación do ADN.

Salas foi discípula do Nobel Severo Ochoa na Universidade de Nova York Á súa volta a España e tras a súa incorporación ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), creou un grupo de investigación dedicado ao estudo do bacteriófago ø29, que mantivo uns extraordinarios niveis de calidade e produción desde o comezo ata a actualidade.

 O vídeo, realizado pola Oficina Europea de Patentes (EPO), recolle un dos principais fitos dos achados de Salas: a patente do método da ADN polimerasa phi29 reportou máis do 50% dos dereitos de autor que ingresou o CSIC. Por este motivo, a EPO outorgoulle este mes de xuño o premio Inventora do Ano 2019, que recolleu en Viena.



Un referente de muller científica e célebre investigadora española que é un magnífico exemplo de muller científica para tódalas nenas e rapazas de hoxe en día. A continuación neste podcast pódese escoitar a Antía e Raúl facéndose eco da nova do falecemento de Dona Margarita Salas e lembrando a súas achegas:


No hay comentarios:

Publicar un comentario