Continuamos ca tarefa educativa: Un minuto de ciencia Coñece a Margulis! Sabes que é a Hipótese Endosimbiótica? Como se orixinou a célula eucariota? As mitocondrias e os cloroplastos son orgánulos eucariotas, sempre foron así?
Todas estas preguntas poden ter solución nun só minuto de ciencia, non te perdas o minuto de ciencia Activa adicado a Lian Margulis, unha célebre científica que plantexou a orixe da célula eucariota...baraxou a idea de que mitocondrias e cloroplastos foron bacterias primitivas que infectaron outra bacteria e quedaron no seu interior vivindo en simbiose (beneficio mutuo) e desta relación orixinouse a célula eucariota! Cristina Perea de 1º BAC adica o seu minuto de ciencia a esta célebre científica no seguinte vídeo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario