Os alumnos de 4º ESO A estudian o ciclo das rochas de xeito distinto, xa que os seus compañeiros Víctor, Stella e Sandra de xeito voluntario documentáronse cada un sobre un tipo de rochas e déronlle as explicacións de como se formaban ao resto de alumnos. Dividiuse a clase en dous grupos e fumos o laboratorio de Ciencias para facilitar a atención e visualizar os minerais e rochas mellor!
O ambiente ígneo ou magmático preparóuno Stella, o sedimentario Sandra e o metamórfico Víctor, cada ún ía seleccionando os minerais e rochas máis representativos e os mostraba os compañeiros explicando as características. Todos atendían porque o ciclo das rochas entra na proba escrita!
Noraboa a Sandra, Stella e Víctor polo voso traballo!
martes, 26 de mayo de 2015
domingo, 10 de mayo de 2015
Os Departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais construíndo unha maqueta de ADN!
Con motivo das conmemoracións do 1 de xuño Día da Ciencia de Galicia e o 5 de xuño Día do Medio Ambiente, os profesores de ciencias de primaria, secundaria e bacharelato, encargaránse de expór no hall do Colexio durante a primeira semana de xuño, unha representación dos traballos feitos polos alumnos durante o curso na materia de ciencias naturais.
Na ESO, os Departamentos de Tecnoloxía e de Ciencias Naturais coordínanse na elaboración dunha molécula de ADN, para dita exposición.
Cómo facer unha maqueta da molécula do ADN? O primeiro repasar a importancia desta molécula nas células e na existencia e funcionamento de calquer ser vivo. Lembrade que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter. O descubrimento da "Dobre Hélice do ADN de Watson e Crick" considérase unha das achegas máis relevantes do século XX, no eido da bioloxía molecular.
Proceso:
- Nunha plancha de porespán debuxamos os azúcares (pentágonos que representan as desoxirribosas, parte fixa nas dúas cadeas de ADN)
- Marcamos as bases nitroxenadas púricas (adenina e guanina) e pirimidínicas ( citosina e timina). As bases son a parte variable, oa orde destes compostos determina as diferencias!
- Mercamos bolas de porespán de 10 cm de diámetro que representarán os fosfatos (H3PO4 que son parte fixa no ADN)
- Na aula de tecnoloxía cortánse as figuras de azúcares e bases, baixo a supervisión do profesor.
- Pintamos os compostos no laboratorio. ( Tendo en conta os criterios definidos sobre as cores para cada composto, non pode haber erros!)
- Procedemos a montaxe en tecnoloxía: unha base de madeira con rodas onde se cravan as dúas guías de madeira que serán as dúas cadeas, onde se insertan as figuras de porespán xa pintadas. Coidando sempre A e T (2 enlaces de pontes de hidróxeno) e G e C (3 enlaces de pontes de hidróxeno)
- O profesor de tecnoloxía e a profesora de bioloxía coordinan a montaxe para que a molécula reflexe o mellor posible a realidade dos xenes!
sábado, 25 de abril de 2015
A Dobre Hélice de Watson e Crick
O día 25 de abril celébrase o Día Mundial do ADN, conmemoración da publicación da estrutura do ADN descrita por James Watson y Francis Crick no ano 1953, sin duda unha das achegas científicas máis relevantes do século XX. O ADN permite determinar a información xenética de todos os seres vivos.O Modelo de Watson e Crick inclúe os seguintes puntos:
O ADN é un ácido nucleico formado por dúas cadeas de nucleótidos, complementarias, antiparalelas, dextrógiras, plectonímicas, unidas por puentes de H entre as bases nitroxenadas.
O ADN contén toda a información sobre o funcionamento celular, lembremos que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter.
A expresión do ADN en ARN, e despois en proteinas, é o Dogma da Bioloxía molecular!
| WATSON -1928 |
![]() |
| CRICK(1916-2004) |
martes, 14 de abril de 2015
Concurso Presentacións Ciencia Activa II
Noraboa a todos os participantes na elaboración dunha presentación sobre un tema de bioloxía ou xeoloxía elexido de xeito libre, todos os traballos están na lista de slideshare de proxecto ciencia activa e as podedes ver dende o blog do proxecto.
Déixovos nesta entrada as oito seleccionadas coma finalistas, e entre elas saldrán as tres premiadas que se coñecerán e farase entrega do premio e diploma no acto de clausura do II Festival do Libro.
Parabéns a tod@s polos traballos!
Déixovos nesta entrada as oito seleccionadas coma finalistas, e entre elas saldrán as tres premiadas que se coñecerán e farase entrega do premio e diploma no acto de clausura do II Festival do Libro.
Parabéns a tod@s polos traballos!
O té from cienciaactivazorelle
domingo, 22 de marzo de 2015
Día Mundial da Auga 2015
Este ano o Día Mundial da auga conmemórase baixo o lema: Auga e desenvolvemento sostible, co fin de concienciarnos a todos da importancia de coidar este recurso natural tan preciado e necesario para a vida!
Déixovos o vídeo oficial adicado a este día:
Déixovos o vídeo oficial adicado a este día:
sábado, 21 de marzo de 2015
VIDEOCONFERENCIA: O monte é a nosa vida!
Con intención de conmemorar o 21 de marzo, Día Mundial
forestal ou Día da árbore, os alumnos de 1º e 4º de secundaria tiveron a oportunidade de asistir nas aulas do colexio a unha videoconferencia
emitida en directo dende o Cesga ou Centro de supercomputación de Galicia
(Santiago de Compostela), sobre a importancia dos bosques e os montes na nosa
vida. Nesta charla e posterior debate tratáronse temas como:
Por que son importantes os bosques?
CO2 e o cambio climático.
Os problemas da deforestación e dos incendios.
Celebración do Día da árbore.
A situación forestal de Galicia, especies máis
comúns…
A charla foi impartida por dous técnicos de
Confemadera Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria. A videoconferencia dividiuse en dúas partes, primeiro unha media hora de ponencia e outra
media hora para resolución de dúbidas que se formulaban dende os distintos centros
escolares. Os alumnos do colexio tamén participaron
neste debate on-line, formulando cuestións nesta actividade, interesante
e innovadora!
Dende Confemadera Galicia, dentro do programa "o monte é a nosa vida" comparten a grabación da videoconferencia para que poda ser vista por todos os alumnos, grazas!
viernes, 20 de marzo de 2015
21 de marzo: Primaveira, Árbores e Poesía!
![]() |
| AUTOR |
Por fin chega a primaveira!
Nas latitudes templadas existe unha clara estacionalidade, que comeza o día 21 de marzo dando paso a unha estación de temperaturas mornas, que provoca a xerminación das sementes, a polinización...causando nalgúns casos molestas alerxias.
Os campos e montes cheos de cor! Fermosa explosión de beleza, quizá por iso este día de inicio primaveral coincide co día da poesía!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






