lunes, 19 de junio de 2017

Entrega de Diplomas "Xornalistas na escola"


Festa dos premiados do Concurso organizado polo xornal "La Región"!

Premiados de 2º e 3º de ESO do cole!
 Hoxe 19 de xuño os colexios premiados asistiron ao acto de entrega de diplomas por parte do alcalde de Ourense, o vicepresidente da Deputación e representantes de Viaqua, e o Centro Comercial Ponte Vella coma patrocinadores.
Foi un xornada moi intensa, que empezou sobre as once e media con xogos de maxia nos que participaron tamén os escolares. A continuación procedeuse a entrega dos diplomas, destacar que o colexio Padre Feijoo- Zorelle foi o máis galardoado, xa que resultou premiado en tres categorías: 4º de primaria, 2º da ESO e 3º da ESO.
Neste enlace fanse eco da festa dos premios dos xornalistas na escola: (Telemiño hoxe)
Os estudiantes de primaria foron os primeiros en comer, namentres os de secundaria pasárono en grande cos xogos da Wii, playstation e obradoiro de chapas.
Sobre as tres da tarde os premiados de secundaria do cole acompañados de Rosa, Ángeles e Bea foron o Mc Donald´s a comer, e os compañeiros de 4º de primaria coa súa titora Tamara e Rocío, xa despois de xantar, incorporáronse aos obradoiros.
Unha xornada de festa onde con risas e bo humor pasamos un día diferente que rematou preto das cinco da tarde cando voltamos ao colexio.
Unha estupenda maneira de rematar o curso, recollendo premios e divertíndonos!

3º de ESO recolle o premio!

3º de ESO responde a
 telemiño
Aumnos de 2º ESO recollendo o premio!

Responde as preguntas para Telemiño!

Íker de 3º de ESO axuda ao mago!

3º ESO fai a ola!

4º de primaria recolle o Diploma da mans do vicepresidente da Deputación!

4º de primaria e Tamara a súa titora recollendo diploma!

Todos os premiados!


Maxia e risas!

2º de ESO a comer!

Felices!

4º de primaria con Rocío e Tamara vendo o espectáculo de maxia!

Disfrutando!

Preparados para o baile ca Wii!

3º ESO no xantar!

Non deixamos nada!

Rosa e Bea con 2º e 3º!

Rosa preside a mesa!

Esperando actuacións ao fresco, no Centro comercial!

Esperando para xantar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario