Un ano máis o colexio Padre Feijoo participa na entrega de premios do concurso "Desmontando ao alcohol" , convocado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense. Entre un total de 13 centros escolares participantes e máis de 1000 traballos presentados, o noso colexio acada un total de 7 premios nas diferentes categorías.
Hoxe día 6 de xuño os alumnos e alumnas premiados acompañados polas profesoras Rosa Pérez e Beatriz Temes acudiron ao salón de plenos do Concello a recoller os premios, podemos ver uns instantes neste video de Telemiño: VIDEO TELEMIÑO
PREMIADOS DO COLEXIO AO REMATE O ACTO DE ENTREGA NO CONCELLO |
SLOGAN:
MENCIÓN HONORÍFICA Ariadna Rodriguez Ruiz 1º ESO por "Dona botella é mala parella"
IMAXE:
PRIMER PREMIO Lauro Kavan Locatelli 2º ESO
MICRORRELATO:
MENCIÓN HONORÍFICA Gema Da Rocha 3ºESO
CLIPMETRAXE:
PRIMER PREMIO xurado: Gema Da Rocha 3º ESO e Carlos Cuesta 3º ESO por "As nosas ideas" .
(Participa no vídeo a clase de 3º ESO A coordinados dende a materia de bioloxía)
ACCÉSIT: Soraya Antelo Gómes 2º ESO por "Pataquín e Patacón no Botellón"
ACCÉSIT: Yanelfi Lavandier 2ºESO por "Bebe as horas...sen alcohol"
MENCIÓN HONORÍFICA: Ledicia Blanco 4ºESO A e Leandro Bernárdez 4º ESO A por "Nós mesmos sen alcohol" (Participa titoría de 4º ESO A)
Noraboa a todos son uns traballos magníficos! Parabéns!
No hay comentarios:
Publicar un comentario