jueves, 29 de junio de 2017

Graduación 4º de ESO

O xoves 22 de xuño a punto de rematar o curso tivo lugar a despedida dos estudiantes de 4º da ESO. No acto de graduación fixose entrega dunha orla e unha beca a cada alumno e alumna por parte da súas titoras Beatriz Nieto e Beatriz Temes. Emotivas palabras as que adicou Alex Outeiriño a todos os seus compañeiros e unhas cariñosas palabras que a xefa de estudios dirixiu a todos en representación da dirección do colexio.
Un acto sinxelo pero cheo de moitas lembranzas e de bos desexos para unha nova etapa que comeza e que seguro conseguirán superar con éxito, con determinación e entrega.
Noraboa a tod@s e un feliz verán!
Moitos éxitos, vémonos en bacharelato!










No hay comentarios:

Publicar un comentario