Autor do logo: Carlos 1º BAC |
Unha nova tarefa neste curso que comeza! Tes un minuto? Espera un minuto! Un minuto... son algunhas expresións que empregamos a diario todos nós, poi agora "nun minuto" saberedes en que consiste a nova tarefa do proxecto Ciencia Activa.
O alumnado de BAC e ESO poderán participar nesta actividade na que en parellas elaborarán unha animación adicada a unha científica ou a un científico a as súas achegas de ciencia, para eso empregaranse aplicacións coma Powtoon u outras.
Unhas animacións creadas por eles mesmos, cas ideas que queren destacar, incluíndo as súas voces na explicación e dun xeito breve, dinámico e intelixente conseguir un canal de animación científica escolar. Terán que sintetizar a esencia do científic@ nun minuto, si, un minuto de ciencia!
Cómo organizar esta tarefa, pautas a seguir:
- Constituir o equipo de traballo (parellas de alumnos).
- A continuación elexir persoaxe científico.
- Documentarse sobre a vida e achegas do científico elexido.
- E o máis importante e complicado: Elexir en equipo a información que queremos contar nun só minuto!Moi importante desenvolver o pensamento crítico e a capacidade de síntese para seleccionar a información relevante que queremos mostrar nun minuto de ciencia!
- Seleccionar a App que vamos a empregar e... a xogar creando! Pondo texto, debuxos e audios elexidos polos autores.
- Lembrar que as animacións servirán para que outros escolares aprendan nun minuto do voso traballo!
Os primeiros equipos xa están feitos e co científico/a elexido:
- Ángel e A. Gallego adicarán a animación a Alexander Fleming.
- Andrea e Nerea diseñarán unha animación sobre Marie Curie.
- Raúl e Carlos o farán de Einstein.
- Valentina e Gema estudiarán a Valentina Tereshkova.
- Axel e Andrés farán a animación sobre Stephen Hawking.
Desexando ver os vosos traballos a partir do 15 de outubro comezaremos a publicalos.
Parabéns a tod@s de antemano porque seguro o faredes moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario