No novo curso 2018- 2019 retomamos a actividade nos blogs do Proxecto Ciencia Activa e Ciencia Activa, ESO é! do colexio Plurilingüe Padre Feijoo- Zorelle. O alumnado de 1º BAC comeza xestionando o blog de bacharelato, e o fan coa experiencia adquirida por moitos deles no curso anterior. No caso dos alumnos e alumnas de 4º da ESO A é unha experiencia nova que inician con moita ilusión. Podedes ver os seus primeiros post:
Novos contribuíntes de Khady de 4º A e
"A inmunoterapia contra o cancro" de Adriana de 4º A.
No blog de alumnos de BAC xa podedes ver os post deste inicio de curso adicados a comentar os Premios Nobel de Física e Química:
"Domadores da evolución" de Gigi de 1º BAC
"Os magos do láser" Nobel de física de Adriana Artos 2º BAC
Parabéns e moita sorte a tod@s neste novo curso!
No hay comentarios:
Publicar un comentario