seguimos nos nosos fogares, espero vos atopedes ben, comparto nesta sesión de titoría algúns consellos que espero nos podan axudar a afrontar estas circunstancias tan extraordinarias para tod@s.
- Evitar o sedentarismo. Non convén estar sentado máis de dúas horas seguidas. Podemos aproveitar as actividades cotiás, como as tarefas domésticas ou falar por teléfono, para movernos. Tamén é posible facer actividade física en casa.
- Seguir unha alimentación saudable e equilibrada.
- Aproveitar a tecnoloxía, usándoa con responsabilidade. Internet, os computadores, as tabletas ou os teléfonos móbiles son, nestes momentos, os nosos aliados para teletrabajar, estudar, comunicarnos e gozar do tempo de lecer. Cando usamos estes dispositivos, con todo, é importante seguir algunhas recomendacións: manter unha distancia adecuada entre os ollos e a pantalla, inclinar a pantalla lixeiramente cara atrás para evitar sombras e reflexos, parpadear a miúdo, apartar a mirada uns vinte segundos cada vinte minutos a unha distancia duns seis metros, e non utilizar os dispositivos móbiles durante as dúas horas previas a deitarse.
- Informarse e informar ben aos demais. Habemos de utilizar canles de información oficiais ou contrastados. Se usamos as redes sociais, temos que contrastar a información que se comparte. Debemos evitar esparexer rumores e informacións que non sexan fiables. A comunicación debe ser serena e acougada: o estado emocional contáxiase aos demais.
- Coidarse e protexerse. Debemos seguir as recomendacións e as medidas de prevención que determinen as autoridades sanitarias. utilizar o Ter unha actitude positiva é fundamental. Convén recoñecer os propios sentimentos, aceptalos e, se é necesario, compartilos coas persoas máis próximas.
- Organizarse na casa. É recomendable seguir unhas rutinas diarias: iso axudará a manter unha orde e pode favorecer a sensación de normalidade. Convén acordar unha distribución das tarefas, así como da loxística doméstica durante o período de confinamento (por exemplo, quen fai as compras e cando, o coidado dos familiares, dispoñer de espazos illados, etc.). No caso de que teletraballemos, é aconsellable establecer un espazo adecuado e un horario adaptado ás circunstancias, tendo en conta tamén os tempos de descanso.
- Estar conectados coa nosa xente. Que non podamos visitar a familiares e amigos non quere dicir que non podamos estar en contacto con eles. Chamarlles, enviar mensaxes ou facer videoconferencias é unha posibilidade. Agora máis que nunca, debemos apoiar á xente máis vulnerable e ser solidarios.
- Relaxarse e distraerse. É necesario aceptar que hai circunstancias que non se poden controlar nin prever. Cada un ten a súa propia resposta emocional ante unha situación excepcional como esta: é necesario ser empáticos e evitar os prexuízos. Este pode ser un momento para gozar do tempo libre e da gran oferta de lecer en liña e gratuíto que hai dispoñible.
- Considerar a parte positiva. É momento de parar e reflexionar. Podemos aproveitar a ocasión para pensar, imaxinar, crear e escribir. Lembremos que esta é unha situación transitoria e que, unha vez pasase, todo o mundo pode aprender cousas importantes.
Unha aperta!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario