Sesión 15
Nesta sesión repasamos un problema de grupos sanguíneos que é herdanza autosómica e un problema de hemofilia que é un carácter recesivo ligado ao sexo. Podes repasar as explicacións da profe na lista de reprodución do canle en youtube cas explicacións de xenética: Explicacións de xenética da profe.
Intenta facer os problemas ti, as solucións non as mires ata rematalos.
- Unha muller do grupo AB acaba de ter un fillo. Ao saír do hospital, entréganlle un neno e na tarxeta del di que é do grupo 0. a. Cres que houbo un erro ou pode ser o seu fillo auténtico? b. Se o pai do neno é do grupo 0, realiza o cruzamento e indica o grupo sanguíneo dos posibles fillos da parella.
- Unha parella formada por unha muller portadora do xene da hemofilia e un home hemofílico queren saber como podería ser a súa descendencia. Explica o tipo de herdanza e realiza o cruzamento indicando o xenotipo e fenotipo de todos os posibles fillos da parella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario