Retomamos o traballo online (despois das vacacións de Semana Santa) na CUARTA SEMANA de teletraballo por emerxencia polo COVID19.
Nesta sesión imos traballar da Unidade 7: Herdanza e Xenética, o repaso dos seguintes conceptos básicos:
Xen, alelos, cromosomas, cromatina, locus, cromosomas homólogos, cromátidas irmás, homocigoto, heterocigoto, xenotipo, fenotipo, F1, F2, Herdanza autosómica e herdanza ligada ao sexo.
Precisamos saber estes conceptos para a resolución de problemas e como teoría de xenética, están na teoría inicial dada por apuntes na aula e nas páxinas 130 e 131 do libro de texto.
Neste vídeo veredes e escoitaredes as explicacións da profe:
- Importante estudiar e saber todos os conceptos explicados neste vídeo.
- Actividades 3 e 4 páxina 130, actividades 5 e 6 páxina 131.
No hay comentarios:
Publicar un comentario