martes, 31 de marzo de 2020

1ºBAC SESIÓN 10


Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)

Sesión 10

  • Na sesión de hoxe imos repasar cun test de autoavaliación os tecidos, mañá publico as solucións, pero primeiro enviádeme as respostas.
  • Repasamos xogando: ACTIVIDADE INTERACTIVA
  • Repasando xogando: ENCADEADO

CCMA 2ºBAC SESIÓN 7

Organización do traballo e explicacións de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

Sesión 7

  • Na sesión de hoxe comezamos compartindo as solucións as actividades propostas na sesión anterior:


2º BAC SESIÓN 9


Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)

Sesión 9

  • Repasa a importancia dos microorganismos con esta actividade interactiva: TEST INTERACTIVO
  • Nesta sesión intentaremos rematar o Tema 18 sobre os microorganismos. O que falta é a parte relativa ao papel dos microorganismos como causantes das enfermidades. É unha explicación moi xeral e bastante teórica, a mellor opción é estudiala pola guía rápida da editorial co esencial de bioloxía nas páxinas 86, 87 e 88. cas preguntas: 




  •  Algúns microorganismos producen enfermidades.
  • Os viroides e prións como os axentes infecciosos máis simples.
  • As enfermidadestransmítense por diferentes vías
  • Illar e cultivar microorganismos




  • Leedes estas preguntas por o libro de bolsillo ou polas imaxes e se me plantexades as dúbidas, noutra sesións compartirei unha explicación.

4ºESO SESIÓN 8

Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)
Sesión 8

  • Continuamos con actividades relacionadas co caso de fibrose quítica plantexado na sesión anterior e agora outras cinco cuestións. Importante para resolver a cuestión 10 precisades do vídeo que tedes nesta sesión para saber cómo podemos resolver problemas de grupos sanguíneos, non vos preocupedes é moi fácil.



  • No seguinte vídeo vos explico como tomar os datos para resolver problemas de grupos sanguíneos, según un exemplo de alelismo múltiple como é o sistema A, B, 0:



  • PROBLEMA EXEMPLO E SOLUCIÓN




lunes, 30 de marzo de 2020

3ª Semana de confinamento- Titoría

Ola a tod@s,
 espero sigades ben, como sabedes a segunda avaliación se fixo co rexistro de actividades e controis ata o 13 de marzo, as notas póndense consultar pola aplicación ABALAR móvil ou chamando ao colexio o por correo electrónico do cole ou ao meu por ser a titora. 
 Accede a info da web do cole: NOVIDADES 2ª AVALIACIÓN 


 O venres 3 de abril remata o 2º trimestre e comezan as vacacións de Semana Santa, tal e como se contempla no actual calendario escolar. A actividade retomaráse o martes, 14 de abril. En canto recibamos instrucións, informarémosvos sobre a organización da actividade lectiva ao longo do 3º trimestre.
 Aproveito esta mensaxe para darvos a grazas a todos: alumnos, familias e profesores polo esforzo, compromiso, paciencia e agarimo que estades a amosar durante esta situación tan complicada. Teño moitísimas ganas de volver a vervos! Namentres, recibide unha forte aperta.

1ºBAC SESIÓN 8 E SESIÓN 9


Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)

Sesión 8
Continuamos co estudio do tema da Evolución e a Clasificación dos seres vivos. coma na sesión anterior tiñades que ver os seis minutos e medio adicados as ideas básicas da Evolución, agora remataredes o vídeo explicativo fixándovos nos conceptos que aluden á clasificación dos seres vivos: 

Repasando:

  1. Cita algunha proba que demostre a Evolución?
  2. Que mecanismos xeran variabilidade xenética?
  3. Linneo defendeu o fixismo? Que quere dicir?
  4. Que é un taxón?
  5. Cita os taxóns de maior a menor.
  6. Cita os cinco reinos.
  7. A que reino pertencen os virus? Por que?

Sesión 9

Reto: 

  • Plantexamento da elaboración dun vídeo onde se describen brevemente as características dos virus e que é un coronavirus así como lembrar as medidas e a actitude para afrontar esta situación, co fin de compartir e animar a toda a comunidade educativa nesta situación de emerxencia que estamos a vivir.
  • Correo grupal enviado ao alumnado de 1º BAC e convocatoria reunión ZOOM para concretar cómo facer.
  • Decisións tomadas:
  1. Música elexida por votación: Quédate en casa.
  2. O alumnado elexirá coreografías e votarán para seleccionar e informar á profesora da elexida.
  3. A profe nunha sesión comentará teoría sobre virus, que o alumnado incluirá no vídeo.
  4. Grabación durante esta semana e envío á profe para montaxe do vídeo, incluíndo baile individual dende a casa. Ou foto dos alumnos ou familiares con mensaxes escritos en folios ou cartulinas.


2ºBAC SESIÓN 6

Organización do traballo e explicacións de CIENCIAS MEDIOAMBIENTAIS 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

Sesión 6
Comezamos a terceira semana na casa e traballaremos os seísmos no tema 7, para repasar leede a páxina 159 (exercicio 9) onde nos fala do risco sísmico en España e na páxina 164 (exercicios 15, 16 e 17)faredes un comentario de texto sobre os seísmos. Resolvede estes catro exercicios.