Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 2ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus.
(Horario de bioloxía de 2º BAC catro sesións semanais)
Sesión 9
- Repasa a importancia dos microorganismos con esta actividade interactiva: TEST INTERACTIVO
- Nesta sesión intentaremos rematar o Tema 18 sobre os microorganismos. O que falta é a parte relativa ao papel dos microorganismos como causantes das enfermidades. É unha explicación moi xeral e bastante teórica, a mellor opción é estudiala pola guía rápida da editorial co esencial de bioloxía nas páxinas 86, 87 e 88. cas preguntas:
- Algúns microorganismos producen enfermidades.
- Os viroides e prións como os axentes infecciosos máis simples.
- As enfermidadestransmítense por diferentes vías
- Illar e cultivar microorganismos
- Leedes estas preguntas por o libro de bolsillo ou polas imaxes e se me plantexades as dúbidas, noutra sesións compartirei unha explicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario