lunes, 30 de marzo de 2020

1ºBAC SESIÓN 8 E SESIÓN 9


Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a TERCEIRA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)

Sesión 8
Continuamos co estudio do tema da Evolución e a Clasificación dos seres vivos. coma na sesión anterior tiñades que ver os seis minutos e medio adicados as ideas básicas da Evolución, agora remataredes o vídeo explicativo fixándovos nos conceptos que aluden á clasificación dos seres vivos: 

Repasando:

  1. Cita algunha proba que demostre a Evolución?
  2. Que mecanismos xeran variabilidade xenética?
  3. Linneo defendeu o fixismo? Que quere dicir?
  4. Que é un taxón?
  5. Cita os taxóns de maior a menor.
  6. Cita os cinco reinos.
  7. A que reino pertencen os virus? Por que?

Sesión 9

Reto: 

  • Plantexamento da elaboración dun vídeo onde se describen brevemente as características dos virus e que é un coronavirus así como lembrar as medidas e a actitude para afrontar esta situación, co fin de compartir e animar a toda a comunidade educativa nesta situación de emerxencia que estamos a vivir.
  • Correo grupal enviado ao alumnado de 1º BAC e convocatoria reunión ZOOM para concretar cómo facer.
  • Decisións tomadas:
  1. Música elexida por votación: Quédate en casa.
  2. O alumnado elexirá coreografías e votarán para seleccionar e informar á profesora da elexida.
  3. A profe nunha sesión comentará teoría sobre virus, que o alumnado incluirá no vídeo.
  4. Grabación durante esta semana e envío á profe para montaxe do vídeo, incluíndo baile individual dende a casa. Ou foto dos alumnos ou familiares con mensaxes escritos en folios ou cartulinas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario