miércoles, 18 de marzo de 2020

3ºESOA/B SESIÓN 2


 Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO para a PRIMEIRA SEMANA de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 3º ESO dúas sesións semanais)

2ª sesión
Comezamos a sesión 2 de estudia na casa e seguimos no tema 6, lembrade que nesta lección tiñamos explicadas as glándulas e as hormonas ca función.

  • A primeira metade da sesión a adicaremos ao repaso do esqueleto, fixarse nos debuxos e completar cos nomes e a mellor forma de comprobar se o sabedes:




  • AUTOEVALÚATE Solucinario sesión 1 :

Actividade15: Na cintura escapular únensense os ósos da extremidade superior, e na cintura pélvica únense os ósos da extremidade inferior ao esqueleto axial.
Actividade16:  Ao esterno e as vértebras da columna. Forman parte da caixa torácica, que ten como función protexer órganos coma o corazón ou os pulmóns.
Actividade18: Cúbito e tibia son longos e o frontal plano. Hai cavidade medular nos ósos longos na diáfise.
Actividade20: Cavidade articular co líquido sinovial, cápsula sinovial que a cubre, cartilaxes, meniscos e ligamentos
Actividades21: Son articulacións móviles, o cóbado une úmero co cúbito e radio, e o ombreiro une a cintura escapular co úmero.
Lembrade enviarme ao correo unha foto da libreta cos exercicios resoltos e correxidos. 
  • Seguemos explicando unha nova pregunta e moi doado porque só tes que aprender algúns dos músculos máis importantes do teu corpo e saber onde están, escoita o audio e subraya no teu libro:
  • A seguinte sesión será a próxima semana conforme a voso horario hai dúas clases semanais, ide estudiando o explicado da lección e facendo a cuestión 38 da páxina 121, trátase de que investigues que músculos participan cando fas abdominais deitado no chan? Podedes contestar comentando no blog e todos veremos as respostas ou enviarme ao correo. Grazas e seguir ben! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario