martes, 24 de marzo de 2020

4º ESO SESIÓN 5

Organización do traballo e explicacións de Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 
(Horario de bioloxía de 4º ESO A tres sesións semanais)
Sesión 5
Continuamos coa solución do problema da sesión 4, algúns xa o enviáchedes correcto, e os que teñades algún erro fixádevos e se algo non o entededes preguntade.


SOLUCIÓN PROBLEMA  SESIÓN 4
Tarefa:


  1. A avoa materna dun home ten visión normal, o seu avó materno era daltónico, a súa nai é daltónica e o seu pai é de visión normal Que tipo de visión terá o home?. Indicar o genotipo de todos.
  2. Unha muller de visión normal, cuxos pais non eran daltónicos, contraeu matrimonio cun home daltónico. Como resultado desta unión tiveron un fillo cuxa visión é correcta e unha filla daltónica. Determinar o genotipo desta muller e dos seus pais

No hay comentarios:

Publicar un comentario