lunes, 8 de junio de 2020

As rochas ígneas ou magmáticas 3º ESO SESIÓN 22

SEMANA XII
Sesión 22

  • Clasificación das rochas (Ígneas, sedimentarias e metamórficas)
  • Lembremos que un mineral é un sólido cristalino con estrutura interna. 
  • Unha rocha é un agregado de minerais.
  • As rochas de todo o planeta só pertencen a tres grandes grupos: ÍGNEAS, SEDIMENTARIAS E METAMÓRFICAS.
1. Rochas ígneas.  
Son rochas xeradas polo enfriamento dunha masa líquida de composición silicatada que procede do interior da Terra. Esta masa fundida atópase a altas temperaturas (magma). Cando se arrefría e solidifica durante o seu ascenso cara á superficie da Terra, en zonas próximas á superficie (cortiza terrestre) dá lugar ás rochas plutónicas, mentres que cando se arrefría e solidifica na superficie dá lugar ás rochas volcánicas. O paso de magma (materia amorfa) a rocha magmática (materia cristalina) chámase "solidificación".






No hay comentarios:

Publicar un comentario