lunes, 1 de junio de 2020

Estrutura Interna da Terra 3ºESO SESIÓN 20

SEMANA XI
Sesión 20
A estrutura interna da Terra
Para coñecer as partes da estrutura do interior terrestre recurrimos a métodos de estudio directos (prospección mineral, análise de meteoritos) e indirectos (os seísmos, o calor interno, a gravidade, o paleomagnetismo...)
De tódolos métodos o que máis información da son as ondas sísmicas e a súa velocidade, un cambio na velocidade destas ondas determina unha superficie de discontinuidade, que indica unha diferencia na composición química dos materiais que atraviesa.
Neste vídeo tes unha explicación moi sinxela dos dous modelos da estructura interna da Terra:
A continuación na unidade 11 do libro de texto poderás atopar as capas mecionadas no vídeo.

ACTIVIDADE: Realiza na libreta un debuxo cas capas internas que podemos atopar na estrutura interna da Terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario